Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudicadas as obras de pluviais na travesía da Agra e Fontaldeiro

A intervención ten como principal obxectivo solucionar os asolagamentos // A reforma evitará que se produzan danos materiais nas rúas e nas vivendas por mor da auga

A xunta de goberno local de Ames vén de aprobar o procedemento para que se poida proceder coas obras de redes pluviais nas travesías da Agra e Fontaldeiro, en Bertamiráns. O proxecto conta cun orzamento de execución por contrata de 174.050,47 euros destinados á elaboración da obra na súa totalidade.

A actuación ten como obxectivo canalizar a gran cantidade de auga que se concentra en momentos de elevada pluviosidade, podendo provocar danos no propio pavimento das rúas e nas vivendas próximas, así como xerar situacións de perigo para a seguridade viaria.

O alcalde de Ames considera que “estas obras son un avance para a zona que se atopa entre as rúas Fontaldeiro e Fragua, ademais de toda a contorna de Cantalarrana, xa que se van modificar toda as pluviais do entorno que están a ocasionar problemas coas fortes choivas. E, a maiores, vaise abrir un novo vial que permitirá unha comunicación mellor”.

Engade tamén o alcalde que está proxectada unha mellora do asfalto e a creación dunha senda desde Cantalarrana ata o límite municipal con Brión, “o que mellorará notablemente todo este entorno que xa forma parte do núcleo de Bertamiráns”, conclúe Blas García.

características. A instalación contará cunha rede de tubaxe de aproximadamente 450 metros e segundo a súa situación levarán ou non un sumidoiro. Na zona inicial da rede de pluviais executaranse dúas arquetas para colector de 800 metros con reixa de fundición. Este treito conectarase á canalización de alivio existente no inicio da rúa da Agra. No canto da tubaxe de 315 milímetros executaranse arquetas sumidoiro e xuntarase unha parte á rede anteriormente descrita e outra á rede feita en actuacións anteriores polo equipo de goberno no final da travesía de Fontaldeiro.

Cando a tubaxe estea situada na zona correcta da vía municipal executarase unha cuneta revestida de seguridade de 1,8 metros de anchura máxima, que permitirá a condución superficial das augas de escorrenta e a posibilidade de tránsito de peóns. En canto ás reposicións contémplase o acondicionamento das parcelas polas que discorre o trazado da rede, así como a renovación do firme das zonas afectadas e a da sinalización horizontal e vertical afectada. Tamén se contempla a execución dun muro de contención duns corenta e cinco metros que permitirá conter un treito de ampliación do viario existente para xerar prazas de aparcamento e unha zona de paso para os peóns das vilas.

cesión. Dende a concellería de Obras e Servizos Básicos estiveron traballando para conseguir habilitar un novo treito de vía pública en Bertamiráns co obxectivo de conectar a rúa da Agra coa travesía do Fontaldeiro e coa rúa da Fragua. Isto materializouse o pasado 18 de agosto co acordo que asinou o Concello de Ames co propietario das parcelas por onde discorrerá dito viario. O novo treito de vía que se abrirá ó tráfico na travesía da Agra contará cunha lonxitude de 100 metros e un ancho superior aos 7 metros, correspondendo a súa superficie coa cualificada polo planeamento xeral vixente como viario público do núcleo urbano de Bertamiráns.

Deste xeito, o termo municipal segue a mellorar algunha das súas principais carencias, xa que a maiores das obras de pluviais que se teñen que realizar, o alcalde anunciou que está proxectada a realización dunha senda dende Cantalarrana ata os lindes con Brión. Asi pois, conséguese integrar ao municipio dentro do núcleo urbano de Bertamiráns e crear un espazo novo de lecer para que os cidadáns amienses poidan desfrutar de espazos naturais fóra do constante tráfico que ten a cidade. Por outro lado, isto suporá unha alternativa ás zonas xa existentes no municipio para que os habitantes gocen dos bos lugares cos que conta o concello para facer deporte e coñecer os espazos naturais presentes ao longo da comarca amesá.

datos substanciais
prever as inundacións
e facer novas zonas verdes

··· A xunta de goberno local vén de aprobar o procedemento aberto simplificado cun único criterio de adxudicación e tramitación ordinaria das obras de rede de pluviais na travesía de Fontaldeiro e da Agra.

··· A maiores da obra de pluviais construirase unha senda peonil entre as localidades de Cantalarrana e Brión, fomentando deste xeito as zonas verdes de ambas vilas e creando espazos naturais novos.

··· O alcade de Ames, Blas García, concluíu que “estas obras mellorarán notablemente todo o entorno, que xa forma parte do núcleo de Bertamiráns”. Ademais, a obra mellorará a comunicación entre ambos.

21 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.