Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Na parroquia silledense de Escuadro está localizada a única colonia da provincia de Pontevedra// Os ecoloxistas denuncian a falta de catro niños // Din que se están a usar pinchos e artiluxios disuasorios que non están homologados e poñen en risco os exemplares desta especie protexida TEXTO Manuel Boo

Alarma: as cegoñas corren perigo

As organizacions ecoloxistas detectaron no ano 2019 a presenza e nidificación dunha colonia de Cegoña branca (Ciconia ciconia) en Soldecasa, na parroquia de Escuadro (Silleda). Esta colonia contaba daquela cun total de trece niños ocupados e criando, considerándose como unha poboación consolidada, cun crecemento normal e boa aceptación da veciñanza da contorna.

Xa no ano pasado desde a equipa de Coordinación de Censos de Cegoña Branca de Amigas das Cegonhas, en colaboración con Ecoloxistas en Acción Rías Baixas, e coa participación de voluntarios de SGHN expuxeron nun escrito á Conselleria de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que no último Censo de Cegoña Branca Invernante realizado os días 24 e 25 de outubro de 2020 para S.E.O, faltaban catro niños censados desde o ano 2019. As organizacións ecoloxistas denuncian que a día de hoxe a Administración non respondeu e a empresa eléctrica non se fixo cargo dos danos que está causando ás cegoñas e a súa conservación.

Indican que actualmente tan só quedan oito niños. Ademais, recentemente, con motivo de revisar a zona para comenzar con tarefas do censo 2022, detectáronse trebellos para disuadir a ocupación dos escasos niños de cegoña branca que quedan na zona. Ante esta situación, Amigas das Cegonhas e Ecoloxistas en Acción Rías Baixas solicitaron a Belén María do Campo Piñeiro, directora xeral de Patrimonio Natural, que interveña urxentemente para protexer a reprodución de esta colonia de cegoñas.

Reclaman que se cumpra a lei. Segundo o Decreto 3181/80 de 30 de decembro (publicado no BOE núm. 56, de 6 de marzo de 1981) a Cegoña branca desígnase como especie estrítamente protexida pola lei, estando prohibida a seu caza, captura, disecación, comercio, destrución ou derrubo dos seus niños, así como dar morte aos seus pitos ou roubar os ovos.

Ademais tanto a Directiva de Aves como a Lei 42/2007 establecen a protección da Cegoña branca, os seus polos e niños. Na última modificación do Código Penal regúlase que «realizar actividades que impidan ou dificulten a reproducción dunha especie protexida», como é o caso da cegoña branca, pode ser considerado delito.

Amigas das Cegonhas e Ecoloxistas en Acción Rías Baixas reclaman á empresa comercializadora eléctrica que sexa respectuosa coa natureza e que non retire os niños, nin intente espantar ás cegoñas. Ó tempo solicitan que se retiren os pinchos e aparatos disuasorios e no seu lugar se faciliten niños alternativos ou plataformas para a reubicación dos exemplares desta especie.

21 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.