Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Ángeles Vázquez participou nunha acción medioambiental organizada por Afundación co apoio do seu departamento // Este arquipélago recibiu 13.897 visitas este verán TEXTO M.Cano

Alianza a favor das zonas costeiras na illa de Sálvora

A Xunta e Afundación, a obra social de Abanca, reuniron este sábado na illa de Sálvora a 80 voluntarios para participar nunha xornada de actuacións de carácter medioambiental no marco do Plan de conservación territorial-ON (Plancton), unha iniciativa que ten o obxectivo de reducir a presenza de lixo mariño nas zonas costeiras e no mar.

Acompañada polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e a coordinadora xeral de responsabilidade social corporativa de Afundación, Pilar Alves, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou nalgunhas das accións programadas. Concretamente, desprazouse á praia dos Bois onde estivo recollendo lixo mariño xunto aos voluntarios despregados en Sálvora para realizar tarefas de limpeza e de eliminación de especies exóticas invasoras.

Este é o segundo ano consecutivo que a Xunta apoia o proxecto Plancton, unha colaboración que permitiu incluír o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia entre os escenarios escollidos para desenvolver este tipo de acción. Neste sentido, a conselleira salientou a importancia deste tipo de iniciativas e proxectos, que buscan fomentar a conservación e a sostibilidade das actividades socioeconómicas na área de influencia das Zonas de especial protección de aves mariñas de Galicia tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores da sociedade.

Na mesma liña, subliñou a aposta da Xunta por un turismo sostible e respectuoso coa contorna e os esforzos realizados polo seu departamento para lograr un “equilibrio” entre a protección do patrimonio natural e o seu desfrute por cidadáns e visitantes. Así, avanzou que ata o pasado 15 de setembro, máis de 456.000 persoas visitaron o Parque Nacional, un balance que supera xa a afluencia rexistrada en todo o ano 2021 e confirma a recuperación de cifras similares ás anteriores a 2020.

No caso concreto do arquipélago de Sálvora, a tendencia é igualmente de incremento, pasando de 12.583 persoas rexistradas no pasado ano 2021 ás 13.897 do presente.

24 sep 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.