Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Almorzos saudables para os alumnos do IES Maximino Romero de Baio

Co fin de mellorar a súa dieta prepáranllos no propio instituto // Comezan o día a base de pan con tomate, xamón, igour natural, mel, avena e froita variada

No IES Maximino Romero de Lema, de Baio (Zas), van máis aló e o seu plan formativo non se queda só na impartición de ensinanzas regladas, senón que tamén apostan por complementar a formación dos seu alumnado para que aposte por hábitos saudables.

Así, logo de detectar que parte dos estudantes acoden ao instituto sen almorzar ou, toman a primeira comida do día de xeito deficiente, decidiron impulsar o Contrato-Programa Innova EDU saúde. Unha iniciativa coa que pretenden educar en nutrición a través de actividades que conxugan saúde, benestar e pracer. Con tal fin abriron un abano de opcións máis saudables que lles axudará a enfrontar con enerxía estable e duradeira a longa xornada de clases que teñen por diante, rendendo nas mesmas e controlando o apetito.

Ao longo deste trimestre foron varios os cursos que iniciaron a primeira hora a xornada cun almorzo preparado no propio centro educativo. Despois dunha breve charla teórica sobre a importancia de realizar un almorzo correcto e como debe ser este, degustaban a primeira comida do día con diversidade de alimentos: pan con tomate e aceite ou cun pouco de aguacate, xamón, iogur natural, mel, avena e froita variada.

O proxecto está a ter éxito e dende a dirección do instituto baiés teñen claro que hai que darlle continuidade no tempo. En xaneiro tocaralles a quenda a aqueles grupos que aínda non o fixeron.

Queren deste xeito contribuir tamén a minimizar a influencia da industria publicitaria que fai que en moitas ocasións a alimentación dos mozos sexa moi azucrada.

O instituto de Baio é tamén dos pioneiros noutras iniciativas, como a posta en marcha dunha Aula de Emprendemento co obxectivo de canalizar as iniciativas do alumnado e fomentar o seu espírito emprendedor, tentando facilitarlle a súa inserción no mercado laboral tamén como traballadores por conta propia. Neste primeiro trimestre participaron en obradoiros con empresas e cooperativas, nun concurso de ideas, e visitaron o viveiro do CFIP Compostela.

23 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.