Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amplían cunha doazón de seis obras o legado do baiés Enrique Labarta Pose

Baio. A mostra sobre o legado de Enrique Labarta Pose, que se pode ver no Centro Sociocultural de Baio, vén de sumar novos exemplares doados por Ramón Romar, natural de Fornelos. Trátase de seis obras do escritor baiés que foron cedidas co fin de que o Concello de Zas se encargue da súa divulgación, exposición e estudo. Os traballos quedarán expostos na mostra xunto co resto do legado de Labarta Pose que gardou durante anos José Rojo Valiña e que o pasado verán as súas irmáns cederon ao Concello.

Acompañado polo alcalde, Manuel Muíño, e pola súa familia, Ramón Romar visitou o pasado sábado a mostra permanente e a exposición itinerante da vida e obra do escritor que nestes momentos tamén se atopa no Centro Sociocultural de Baio. Romar aproveitou a visita para entregar dúas copias dos seus dous libros Ancestro y Vivencias e Ancestros y Vivencias II,- que estarán dispoñibles na biblioteca de Baio e nas Torres do Allo.

As obras doadas por Ramón Romar son Contos, da Editorial Galaxia; Enrique Labarta Pose. Obra Completa, da Biblioteca de Autores Gallego - Editorial Edinosa; Poesías en gallego y castellano e Cuentos humorísticos, ambos prologados por Benito Varela Jácome; O Tío Miseria; e Adormideras. Poesías festivas.

31 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.