Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ana Cabranes e María Campaña levan a súa moda á Mostra do Encaixe

Son dúas das deseñadoras asiduas na pasarela // A feira das puntillas abrirá o mércores as súas portas ao público

A deseñadora asturiana Ana Cabranes é a última confirmación para o desfile de Grandes Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que dará comezo este mércores 13 e rematará o domingo 17 de abril.

Ana Cabranes xa é unha asidua á Mostra, un evento no que sempre presenta coleccións sorprendentes nas que o encaixe é o protagonista. “Para mí el encaje representa la elegancia en una prenda; le da la categoría que no adquiere con otras cosas”, destaca. “Doy por hecho que, después de la pandemia, todo el mundo vuelve a la Mostra con la ilusión de ver cosas nuevas, de ver todo aquello que estuvo parado tanto tiempo. Creo que va a ser un éxito”, explica asimesmo a asturiana, que só adianta que “mi colección este año es en un tono color arena”.

Pola súa banda, a deseñadora camariñá María Campaña tamén participará un ano máis no desfile de Grandes Deseñadores, onde volverá apostar na súa colección pola “comodidade, a elegancia e o respecto polo encaixe da xente da miña terra”. “Como camariñá, o encaixe sempre estivo presente en cada unha das miñas prendas e, a posteriori, integreino en vestidos do día a día e outros complementos”, destaca, ao tempo que cualifica á Mostra como “unha cita ineludible á que debemos asistir todas aquelas persoas que nos dedicamos ao encaixe”.

A deseñadora local anima aos veciños e veciñas, e aos visitantes, a que se acheguen este ano á Mostra, que recupera a súa data tradicional despois da paréntese obrigada pola pandemia, e lembra que “é importante que todo volva á normalidade sen esquecer que a covid veu para quedarse; debemos vivir o día a día e continuar co legado que os nosos antepasados nos deixaron”.

A XXXI Mostra do Encaixe abrirá as súas portas ao público o mércores día 13 ás 15.00 horas cun encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte e das Escolas Infantís Municipais. O acto inaugural da feira terá lugar ás 17.00 horas e despois celebraranse os primeiros desfiles de PequEncaixe e Grandes Deseñadores, coa actuación da artista vimiancesa e vocalista do grupo Luar na Lubre, Irma Macías. Os fondos que se recaden serán donados á asociación Ataxia Stop Fa.

comarcas@elcorreogallego.es

12 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.