Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apoio a que as achegas do mar revertan no sector

Noia. A formación nacionalista logrou un acordo unánime do Parlamento, dentro do seno da comisión de Pesca, para que os fondos non executados da liña de axudas ao marisqueo polo cese de actividade durante o estado de alarma, dotada con 5,2 millóns de euros, sexan igualmente destinados “a un sector con amplas necesidades”.

Na defensa da proposición non de lei, a portavoz do BNG, Rosana Pérez, alegou as duras condicións de acceso para poder beneficiarse desta subvención, o que motiva que “unha parte substancial dos cartos queden sen gastar, razón pola que se solicita que o remanente se destine igualmente e de xeito íntegro aosector do marisqueo”, sinalaron a través dun comunicado.

A deputada frentista resaltou que “as condicións que establecía a convocatoria son especialmente duras con requisitos moi difíciles de cumprir por parte da gran maioría do sector”, por iso os nacionalistas presentaron esta iniciativa parlamentaria “para que ese fondo sexa reinvestido no propio sector que ten infinidade de necesidades”, afirmou Rosana Pérez. m. t.

19 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito