Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Muros aposta polos talleres na súa programación mentres que Rianxo contará con Os apalpadoriños // Camariñas celebrou unha gran festa con motivo do acendido do alumeado // Os negreireses desfrutaron dun pasarrúas máxico TEXTO Avelino Arca

Área activou o Nadal cun amplo abanico de actividades culturais

O mes de Nadal entrou cunha ponte de por medio que anticipa multitude de actos, entre acendidos de iluminación, obradoiros e actividades destas datas na meirande parte da comarca.

Deste xeito, en Rianxo as primeiras citas co Nadal terán lugar xa este sábado 11. Ás 12.30 horas, no auditorio, Nelson Quinteiro representará o seu espectáculo Os apalpadoriños, que fusiona danza, música e teatro e vai dirixido a crianzas e familias. As entradas poden reservarse a través da web municipal. E a partir das 20.30 horas, no mesmo lugar, a asociación Fogo Fatuo celebrará o seu tradicional festival de Nadal.

Ribeira convoca un concurso de embelecemento de Nadal nas categorías de escaparates, locais hostaleiros e balcóns, fachadas ou xardíns. As tres decoracións que máis Gústame reciban en cada modalidade ata o sete de xaneiro ás 11.00 serán as gañadoras dos premios (de 300, 200 e 100 euros). Ademais, este luns inaugurouse cunha chocolatada o Belén instalado na parroquia de Aguiño.

Pola súa banda, Ames elexiu este mércores, 8 de decembro, ás 18.30 horas na praza do Concello, para celebrar o acto de acendido das luces de Nadal. Actuará o coro da Escola Municipal de Música de Ames e durante unha hora haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. Este ano a iluminación festiva estará composta por máis de cen arcos de luces e 4 grandes elementos decorativos (en Bertamiráns haberá unha “A” de Ames na praza do Concello; e un motivo luminoso co número 2022 na praza da Maía, mentres que no Milladoiro colocarase unha árbore artificial iluminada na praza de Manuel Murguía e unha bola xigante na praza da Madalena. Tamén se instalará unha manta de luces que cubrirá unha parte da rúa de Anxeriz.

En Teo convocan á veciñanza os días 10 e 11 para adornar as árbores coa súa axuda nas principais localidades. Para iso precisan que os teenses se acheguen a algunha das ubicacións das árbores cunha bola ou un adorno, e o Concello convidará a un chocolate quentiño. Negreira tamén viviu na pasada fin de semana o acendido da iluminación, que incluíu un vistoso pasarrúas máxico, que se titulou Luz do Camiño, a cargo✨ de Troula Animación. Pola súa banda, a empresa Xeal, con factorías en Cee e Dumbría, convocou o II Certame de Postais de Nadal no que poderán participar os fillos/as e e netos/as de todos os traballadores da compañía con idades de entre 4 e 10 anos. O obxectivo é fomentar entre os pequenos os valores de solidariedade e unidade. O prazo de presentación dos debeuxos rematará o día 23, ás 18.00 horas. Optarán a cinco premios por cada un dos tramos de idade e todos os participantes recibirán un diploma. O xurado será todo o persoal de Xeal, que poderá votar a través da App do Portal del Empleado entre o 24 e o 31 de decembro.

En Camariñas celebraron unha gran festa con motivo do acendido do alumeado de Nadal. A neve foi a principal protagonista dunha tarde na que as persoas que asistiron puideron gozar tamén de chocolate con churros, inchables e a actuación do coro Brisas do mar.

Xa en Muros, o Concello preparou un completo programa de actividades culturais para estas festas, o cal arrincou o pasado venres cun obradoiro de decoración de galletas. O cartel inclúe múltiples talleres, espectáculos e contacontos. Tampouco faltará a visita dos Reis Magos, que terá lugar o 5 de xaneiro.

En Carnota os actos comezarán o vindeiro luns cuns microconcertos a cargo do alumnado da Escola de Música Municipal que terán lugar no edificio cultural do Viso.

08 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.