Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Por primeira vez O Milladoiro e Bertamiráns únense para conseguir dez días seguidos de troula // Hai actividades e concertos como os do Millarock ou a actuación de Sés // Tamén están previstas nove noites de verbena coas orquestras Olympus, Gran Parada, Finisterre ou Los Coleguitas TEXTO C. Estévez

Arranca a festa en tres, dous, un...

O Milladoiro e Bertarmiráns únense por primeira vez para celebrar as súas festas. O resultado? Días e días cargados de música e eventos que farán as delicias dos amesáns e dos veciños das comarcas próximas. E é que dende o vindeiro día catro e ata o catorce a festa non vai parar.

Así, os citados festexos arrancarán este xoves, xornada na que a concellería de Deportes instalará uns inchables acuáticos na zona da piscina descuberta do Milladoiro, de 16.30 a 20.30 horas. O primeiro día de festas concluirá coa actuación de Ángel América, un concerto qu está promovido pola comisión de festas do Milladoiro e que terá lugar ás 21.30 horas, na Parrillada La Llama, na Praza Costa Grande.

O venres cinco o protagonismo será do festival Millarock, que chega á súa décimo primeira edición como unha das citas máis consolidadas do verán no Milladoiro.

Organizado pola concellería de Cultura, o Millarock comezará ás 21.00 horas na travesía do Porto coas actuacións de The Rapants, Battosai, Biribirlocke e Chicharrón.

Xa na primeira fin de semana de agosto, o sábado 6 comezará cun pasacalles a cargo de Argalleiros, con vermú nos establecementos Cisne Café, ás 12.45 horas; La Trastienda del 7, ás 13.00, e na cafetería da casa da cultura, ás 14.15 horas. Pola tarde, ás 18.30 horas, a Praza de Manuel Murguía acollerá a semifinal do concurso Canta con Ames, organizado pola concellería de Promoción Económica. Para pechar o sábado con verbena, a comisión de festas do Milladoiro ofrece as actuacións da orquestra Xacobeo e da disco móbil Fabrik, na travesía do Porto a partir das dez da noite.

O domingo 7 a xornada comezará de novo cun pasacalles a cargo de RqR e con vermú nos locais de hostalería La Trastienda del 7, ás 12.45 horas; Café Bar Jisma, ás 13.00 horas, e na Parrillada As Brasas, ás 14.15. Ademais, haberá sesión vermú ás 14.00 horas, na travesía do Porto, ca orquestra La Hora Bruja.

A música continuará no serán co concerto de MJ Pérez na Praza de Manuel Murguía, ás 21.00 horas, como parte do programa AmesON de verán da concellería de Promoción Económica. A semana rematará con verbena na travesía do Porto, ás 22.00 horas, coas actuacións da orquestra La Hora Bruja e o grupo Claxxon, programados pola comisión de festas do Milladoiro.

Xa na segunda semana do mes, o luns 8, abrirase cun pasacalles coa charanga Tíralle do Aire, e con vermú na cafetería da casa da cultura, ás 12.45; no Café Bar Dublín, ás 13.00 horas, e no Café Bar Jisma, ás 14.15 horas. Pola tarde será a quenda para as crianzas, coa actuación de Cé Orquestra Pantasma na Praza de Manuel Murguía, ás 19.30 horas, como parte da programación da concellería de Promoción Económica AmesON de verán. Pechará a xornada unha nova proposta de verbena da comisión de festas do Milladoiro, neste caso coa orquestra Los Coleguitas e o grupo Puzzle, a partir das 21.30 horas na travesía do Porto.

Os seis días de festa no Milladoiro rematarán o martes 9 de agosto ca actuación da orquestra Furia Joven na travesía do Porto ás 22.00 horas, que organiza o Concello.

O propio martes 9 comezan as actividades e propostas en Bertamiráns, ca actuación para o público infantil e familiar de Marifaltri no parque do Ameneiral, ás 19.30 horas, como parte da programación da concellería de Promoción Económica AmesON de verán.

O mércores 10 comezarán a música e a verbena, co concerto do grupo Factoría de Subsistencia na Praza da Maía, ás 20.30 horas, e ca actuación da orquestra Olympus no campo da festa da Peregrina, ás 23.00 horas. Ambas propostas están organizadas polo Concello de Ames.

Na mesma liña continuarán os festexos o xoves 11, un día que arrancará cuns inchables acuáticos no parque do Ameneiral, instalados pola concellería de Deportes, de 16.30 a 20.30 horas. A música e a verbena chegarán a partir do serán, con dúas actuacións organizadas polo Concello de Ames. Ás 20.30 horas será a quenda do grupo A Banda da Loba, cun concerto na Praza da Maía, que deixará paso a unha nova noite de verbena coa orquestra Gran Parada, ás 23.00 horas.

O venres 12 a noite terá lugar a actuación de SÉS no parque do Ameneiral ás 22.00 horas. A continuación haberá verbena da man da comisión de festas da Peregrina, ca orquestra Metrópolis e a disco móbil Atempo e DJ Ianis, a partir das 23.00 horas no campo da festa da Peregrina. O sábado 13 está previsto de novo un concerto e verbena. Ás 21.00 horas actuará o grupo Los Jinetes del Trópico no parque do Ameneiral. Para pór fin aos once días de celebración nas dúas vilas do concello, o domingo día 14 farase unha sesión vermú co grupo Estudio.

Actuará tamén o grupo Tinta e, por último, de novo o grupo Estudio e a disco móbil Impacto pecharán as festas, a partir das 23.00 horas no campo da festa da Peregrina.

01 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.