Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Artesanía e moda na trinta e unha Mostra do Encaixe

Será inaugurada este mércores ás cinco // Reunirá a palilleiras de nove países // Terá fins solidarios para investigar sobre a ataxia

Este mércores, 13 de abril, arrinca a triséximo primeira edición da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, que contará, ata o domingo 17, cun total de doce grandes firmas, doce participacións na sección ArtEncaixe, vinte e cinco noveis deseñadores, o novidoso espazo de VodaEncaixe, encontros de palilleiras, os concertos de Xabier Díaz, Irma Macías ou El Combo Dominicano, música tradicional e moito máis.

A inauguración oficial será ás 17.00 horas no pavillón da Mostra do Encaixe. Intervirán o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a subdelegada do Goberno, María Rivas; o delegado da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor; e a alcaldesa, Sandra Insua.

Ás 18.00 horas celebrarase o desfile PequeEncaixe, para posteriormente dar paso á pasarela de Grandes Deseñadores, coa actuación de Irma Macías para recadar fondos para a Asociación Ataxia STOP FA. Este ano, como novidade, o coordinador dos desfiles será o modelo internacional Damián Álvarez, a través da súa empresa Gubem Event.

O custe será de dous euros para o pase ao recinto, e dous euros para cada desfile. Poderase adquirir un bono para a entrada ao recinto e un desfile por tres euros, e un bono para a entrada ao recinto todos os días (máis un desfile diario) por doce euros. Para acceder será indispensable o uso de máscara sanitaria.

Despois de dous anos, volverán a Camariñas as delegacións de encaixeiras extranxeiras. Nesta edición participarán artesás chegadas dende Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Italia, Polonia, Portugal, República Checa e Suíza, ademais dunha numerosa representación de palilleiras de toda a Costa da Morte.

ACTOS. Tamén están programadas múltiples actividades paralelas, como a presentación do libro La Turballe e Camariñas comparten mesa (sábado 16, ás 11.30 horas) ou as presentacións da equipación de Paula Esteiro (xoves 14, ás 12.30 horas), unha camariñá campioa de España na liga de carreiras de obstáculos, e da Escola Municipal de Fútbol Juan Cabrejo (domingo 17, ás 12.15 horas).

O recinto feiral da Mostra do Encaixe estará aberto ao público de 11.00 a 21.00 horas ata o domingo, agás na xornada inaugural, que se abrirán as portas ás 15.00 horas.

13 abr 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.