Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa clausura o programa ‘Coñece o teu país’ cunha excursión a Ribadavia o sábado día 24

Arzúa. O departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o vindeiro sábado día 24 a cuarta e última excursión do programa Coñece o teu país para este ano. Así, de maneira totalmente gratuíta, o Concello ofertou un total de catrocentas corenta prazas e organizou saídas aos municipios de Ferrol, Sober e Bueu, rexistrando en todas elas un grande éxito.

Como de costume, no mes de setembro a provincia ourensá será o destino dun cento de arzuáns e arzuás. Este ano coñecerán máis de preto o municipio de Ribadavia. En concreto, visitarase a zona histórica da capital da vila. As inscricións quedan abertas este venres día 16 e segundo indicacións do departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deberán contactar con dito departamento e poderase anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante.

As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición. Todos aqueles que desexen participar terán que anotarse (de maneira totalmente gratuíta) no departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8.30 e as 14.00 horas. C.E.

14 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.