Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Representantes das tres administracións déronse cita na inauguración da feira // Vivíuse con emoción o pregón e a entrega dos premios // Moito público visitou a vila para degustar o produto e desfrutar das actividades e concertos TEXTO Sol Elvira

Arzúa recobra o pulso festivo co seu produto estrela: o queixo

A vila coruñesa de Arzúa recobra durante a fin de semana o pulso festivo coa celebración da popular Feira do Queixo, que este ano chega a súa 47 edición e que foi inaugurado oficialmente este sábado coa presencia de representantes das tres administacións. E é que ademáis do alcalde, Xosé Luis Garcia, intervirón na presentación a delegada do Goberno en A Coruña, María Rivas; a directora xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro; e o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso.

O recinto feiral Terra do Queixo abriu este sábado as súas portas as 11.00 da mañá. Alí preto de 60 queixerías, a maioría da DO Arzúa-Ulloa, expoñen os seus produtos e variedades, así como as súas innovacións, e realizan catas e actividades moi atractivas para o público.

O acto de inauguración tivo lugar no campo da feira, a partir das 11.30 horas. Trala benvida aos invitados dado polo alcalde ao resto de autoridades presentes, houbo un turno de intervencións. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, afirmou que a Feira do Queixo de Arzúa “é un exemplo de iniciativa para dinamizar o rural e afrontar o reto demográfico”. “Arzúa é todo un exemplo a seguir”, subliñou.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, referiuse a feira como “unha cita gastronómica de primeiro nivel plenamente consolidada no calendario festivo galego tanto pola calidade do produto protagonista como polo interese dos actos programados”.

Finalmente o presidente da Deputación, Valentín González, destacou “a calidade e a excelencia dos produtos locais, que traspasan fronteiras, como o queixo de Arzúa, o mellor do mundo”. Formoso sinalou que un dos tesouros gastronómicos da provincia e de toda Galicia é, “indubidablemente”, o queixo con Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, “o máis producido e consumido no noso país”, indicou.

Tralos discursos, chegou o emotivo pregón que correu a cargo da triatleta paralímpica, Susana Rodríguez, quen tamén ensalzou as bondades do queixo arzuán.

Despois chegou un dos momentos máis emotivos, a entrega dos Arzúans do ano, que, entre outros, recibírono os nenos e nenas de Arzúa polo exemplo de responsabilidade ao afrontar a pandemia.

Tamén foi moi aplaudio o cineasta arzuán Xosé Zapata, gañador dun Goya na pasada gala dos premios.

Tralo acto chegou un dos momentos máis esperados, sobre todo, polos mozas e mozos de dentro e fóra da vila, o concerto do grupo compostelán SR Salvaxe, gañador do Queixo Maquetón.

O broche á xornada chegou da mán de dous esperados concertos, o do mallorquín Segui e o de unha das grandes expoñentes do indi, Zahara.

XORNADA DOMINICAL Esta xornada dominical iniciase as 10.00 horas coa apertura do recinto feiral. No centro social podese visitar a exposición sobre carteis da feira gastronómica e a sesion vermú estará amenizada polo grupo BMA, a partir das 12.00 horas.

Os expositores permanecerán abertos ao público no recinto feiral ata as 18.30 horas e durante a xornada haberá animación na rúa.

Os concertos voltarán a poñer o broche á 47 Festa do Queixo de Arzúa. Para as 18.00 está prevista a actuación de Aila, e a partir das 19.20 a dunha das artistas máis relevantes da escea galega actual e do pop-indi, Guadi Galego, que lanza o seu traballo Costuras.

Todas as actuacións cumpren coa normativa en materia de distancia de seguridade e de máscaras, segundo fontes da organización.

06 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.