Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Os orzamentos municipais recollen 25 axudas e premios para promocionar a actividade comercial, deportiva e a cultura // A Educación Infantil e Primaria e os comedores escolares, entre as principais partidas amesás TEXTO Javier Salutregui

As aportacións para subvencións neste ano roldaron os 800.000 €

Aínda que o Plan Estratéxico de Subvencións de Ames do periodo 2020-2022, un documento previo ao nacemento das subvencións no que se estiman tanto as futuras axudas como a cuantía das mesmas, foi aprobado no pleno do 27 de febreiro de 2020, non foi ata un ano despois que puido executarse. O motivo é que para o establecemento efectivo das subvencións previstas no plan é necesario incluír as asignación correspondentes nos orzamentos, que non foron aprobados ata o 21 de abril de 2021. Con todo, o documento recolle un total de 11 subvencións, 5 axudas e 10 premios por diversos concursos , cun gasto anual estimado de entre 715.000 e 787.000 euros.

Pero, finalmente, nos orzamentos municipais esas cifras tiveron que ser modificadas, pasando a ser 14 subvencións, 3 máis das previstas; 4 axudas e 7 premios, 1 e 3 menos respecto ao plan orixinal. Os subsidios, aínda que abarcan varias áreas, poden agruparse en cinco categorías: promoción da actividade comercial, políticas sociais, promoción do deporte, educación e normalización lingüística e, por último, un grupo de temáticas diversas.

No ámbito das políticas sociais, o Concello de Ames otorgou mediante subvencións 45.000 euros a entidades sen fin de lucro; 30.000 euros a festas tradicionais; 8.400 euros á Asociación Solidaria Galega co Pobo Saharaui; 110.000 euros para familias numerosas, dos que no 2021 se beneficiaron 50 familias; e 60.000 euros á concorrencia de asociacións sen ánimo de lucro, entre elas Arcea Adames, Cáritas Milladoiro, Fundación Tierra de Hombres ou Fonte da Virxe, e dos que xa se concederon 22.359,29 euros. Tamén investíu 230.000 euros en axudas de emerxencia social, destinado a persoas sen apenas ingresos e propiedades.

En canto á promoción da actividades empresariais, encóntranse subvencións a empresas privadas por valor de 116.509 euros; 30.000 euros ás asociacións empresariais; 4.500 euros destinados a un concurso de escaparatismo, posiblemente unha nova edición do Concurso de Escaparates do Nadal; 2.500 euros aos premios dun concurso de ideas empresariais, e un premio para unha gala de emprendedores valorado en 7.000 euros. En total, 483.400 euros adicados a políticas sociais e 160.509 á promoción empresarial.

A terceira partida de subvencións máis cuantiosa é a promoción deportiva. As entidades deportivas do municipio recibiron 60.000 euros, do que se beneficiaron organizacións como Ames Atletismo, C.D. Karate Ames, CV Bruxas, A.D. Basquet Ames, a Escola de Fútbol Sala Trasgos ou o Club de Atletismo Millaraio; mentres que os clubes e as escolas deportivas percibiron 45.000 euros. Os principais equipos de fútbol do municipio, o Bertamiráns FC que milita na 2ª Rexional Galicia e o Milladoiro S.D. que xoga na 3ª Rexional, obtiveron axudas de 22.400 e 10.400 euros, respectivamente. Ademáis desas subvencións, o Concello de Ames realizou un importate investimento no ámbito deportivo: gastou 307.172,82 euros na promoción e fomento do deporte e 797.509,15 euros en instalacións deportivas, unha cifra que en total supera os 1.100.000 euros.

En educación e normalización ligüística asignáronse 7.500 euros a axudas para libros escolares; 9.250 para premios e becas á investigación; 3.800 euros no XVIII Certame Literario de Ames, no que contando os primeiros, segundos e terceiros postos de todas as categorías houbo 18 gañadores; 3.000 euros para a cuarta edición do premio Lingua e Empresa que rematou o pasado 16 de novembro; 600 euros no certame Galetiktokers, que levará a cabo a sua gala o vindeiro 16 de decembro na casa da cultura de Bertamiráns; e 7.000 euros para oos premios dunha gala de emprendedores.

Finalmente, están as axudas que non encaixan en ningunha das anteriores categorías, nas que atopamos unha subvención de 9.200 euros a Protección Civil, outra de 7.800 euros para infravivenda e accesibilidade, e unha última de 13.000 euros para un plan de prevención municipal de incendios. En total, o Concello destinou 837.059 euros a axudas no exercicio de 2021.

Outros gastos. Ames conta cun orzamento superior aos 29 millóns de euros, unha cifra cercana á de municipios como Narón, Vilagarcía de Arousa ou Oleiros, e conta con importantes gastos, aínda que soamente empréganse 140.045,40 euros en débeda pública. O Concello adicou máis de 2.500.000 euros a asitencia social, 1.213.712,80 en seguridade e orde público e pouco máis de 2.000.000 euros nas vías públicas, contando a pavimentación, a limpeza e os servizos básicos.

No ciclo da auga local, empregáronse para o saneamento e o abastecemento 1.400.154,88 e 1.053.821,50 euros, respectivamente; case 2.000.000 en alumeado público e 458.787,29 euros no mantemento dos parques e os xardíns. Gastáronse ademáis 949.516,52 euros na escola infantil de Bertamiráns; 837.948,42 euros na de Milladoiro e máis de 700.000 euros en servizos complementarios de educación. Por último, o custo da rede de comedores escolares do municipio é de 2.350.538,78 euros.

05 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.