Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As Nosas Músicas voltará a Couso cunha decena de grupos musicais

Actuarán Leilía, Alvariza, Airiños da Freba, Art-Monium e Ailá // A Xesteira premiará a Emilio Españadero // Non faltarán obradoiros e xogos tradicionais

O alcalde da Estrada, José López, presentou este venres a XXV edición do Festival As Nosas Músicas, organizado pola Asociación A Xesteira coa colaboración do Concello, que se volverá celebrar na parroquia de Couso os días 13 e 14 de agosto tras dous anos de parón pola pandemia.

Xunto co rexedor, na presentación do evento participaron os representantes da Asociación A Xesteira, Iván Magariños, Xermán Alexandre Muíños e Alejandro Brey. Na súa intervención, López destacou o labor das persoas que forman parte da organización dun evento destas características “para conseguir manter ano tras ano esta festa e axudar a que A Estrada sexa un dos referentes culturais a nivel galego”.

Pola súa banda, Muíños quixo agradecer a colaboración do Concello “e mais a de arredor de 100 empresas, na súa meirande parte estradenses” para que esta celebración continúe consolidándose. Destacou que este “será o primeiro ano que haberá dous días de festa”, cunha importante participación das agrupacións musicais da zona, e avanzou que o premio As Nosas Músicas será entregado a Emilio Españadero, presentador do programa da Radio Galega Lume na Lareira e antigo compoñente de varias agrupacións de música tradicional, “polo seu traballo a prol da cultura”.

As actividades darán comezo o sábado 13 de agosto, cun obradoiro de baile con perspectiva de xénero e unha ruada a partir das 19.00 horas na que participarán Ultreia, Aldomir, A Ponte Vella e Doner e os Kebabs. O domingo 14 haberá actividades durante todo o día, entregarase o premio e celebrarase o festival, a partir das 21.30 horas

A festa contará cunha zona gastronómica con tres postos de comida, aparcadoiro e zona de acampada. Ademais, haberá servizo de autobús de balde que sairá ás 21.00 horas dende A Estrada (A Farola) ata Couso e voltará dende Couso ás 4.30 e ás 6.30 horas da madrugada, con paradas en Pontevea e A Estrada (A Farola).

16 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.