Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Lestedo e Sergude retomaron con forza a tradición // A Estrada celebrou a súa gala, Negreira repartiu premios e O Pino triunfou co seu photocall TEXTO Avelino Arca

Atranques dos Xerais, festivais e concursos nun Entroido vivo

A comarca retomou esta fin de semana un Entroido vivo, no que non faltaron os tradicionais atranques, os festivais e os concursos.

Os veciños e veciñas da parroquia de Sergude, no Concello de Boqueixón, retomaron con forza o domingo seu tradicional Entroido. En colaboración co Concello, a veciñanza de Lestedo recuperou os seus tradicionais Atranques dos Xenerais, Tras os cantos de taberna do grupo Son de gaita de Sergude durante a mañá, pola tarde o campo da festa acolleu velladas e gaiteiros. E ás 19.00 horas sucedéronse os tradicionais Atranques dos Xenerais.

En A Estrada, celebrouse a Gala do Entroido que este ano foi no teatro Principal. Alí os Xenerais, sin cabalos, fixeron o seu atranque, mentras que en Negreira houbo moi boa participación, gañando os mil euros en comparsas Os Gaitistas de Hamelin (Poulo, Ordes) e outro tanto en carrozas Os Remolóns de Vilagarcía con Le damos colorín al amor y al festín. Barcala Desecalada levou o galardón á mellor copla, e o disfraz máis destacado foi Mundo máxico de Pinocho. Santa Comba degustou filloas por miles, optando alí pola súa tradicional festa a cuberto.

E en O Pino viviuse con moito traxe, gañas de pasalo ben e participación. Así poderíase resumir a Tarde de Entroido, e ata a praza do Concello achegáronse moitos nenos e nenas que axiña deixaron claras cales eran as súas propostas favoritas. A maquillaxe de ollos, os tatuaxes e o photocall tiveron gran demanda.

28 feb 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.