Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Aumentaría a vixilancia policial en bertamiráns”

Lidia Agrafojo, recepcionista de hotel

    Cargando reproductor ...

Residente en Bertamiráns, casada e con dous fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

Principalmente o que faría é aumentar a vixilancia policial porque hai moita xente que fai uso dos servizos pero non correctamente, e a policía debería estar pendente desas persoas e facerlles cumprir as normas. Vexo por exemplo que moitas veces hai coches aparcados onde non lles pertence e iso non se podería consentir.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Os espazos verdes aquí son moi amplos e seguros para estar cos nenos pequenos. Eu como teño fillos cativos enfoco todo un pouco a eles. Aquí asemade tamén temos unha gran variedade de negocios, eu non boto en falta algo que dependa de Santiago directamente. Creo que non fai falta saír de Bertamiráns para atopar o que precisas. Polo menos no meu caso non teño esa necesidade.

E o que peor leva?

Para min o peor de todo é a falta de vixilancia policial. Moitas veces chámalos por certos motivos e directamente non aparecen. Detecto que hai un abandono nese sentido na zona e por iso o considero o máis urxente a atallar en Bertamiráns. Polo resto é unha zona tranquila e chea de zonas verdes para pasear e para a cativada.

04 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.