Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Brenda González leva o premio Lorenzo Baleirón de Dodro co poemario ‘Neve’

Dodro. Brenda González Fernández, coñecida literariamente como Brenda Mondelo, obtén coa obra titulada Neve o XXXV Premio de Poesía Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro.

Así o decidiu por unanimidade o xurado, composto polas poetas Inmaculada López Silva, Emma Pedreira e Rebeca Baceiredo, logo de valorar os cincuenta e un poemarios candidatos, salientando de Neve “a orixinalidade do tema proposto, así como do seu tratamento. Trátase, ademais, dunha aposta non exenta de risco na busca de poetizar a narratividade. Por outra parte, a pesar de ter dous protagonistas recoñecidos, consegue romper os clixés históricos arredor destas dúas figuras que constitúen o eixo principal do libro”.

Brenda Mondelo nace o 17 de decembro de 1994 no Seixo (Pedrafita do Cebreiro) e estuda no CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel ata os seis anos. No 2001 marcha vivir canda os seus avós a Lugo, cidade na que cursará estudos ata finalizar Bacharelato. Xa con dezasete anos, establecerase en Madrid e aló graduarase en Xornalismo e Ciencia Política. En todos eses anos, sempre que se afastou do fogar tivo a necesidade de escribir sobre el e as persoas que poboaron un mundo que nalgúns intres creu perder.

A entrega oficial do premio Lorenzo Baleirón chegará o vindeiro 10 de decembro ó CPI de Dodro. Neve será publicada o vindeiro 2023. ODV

19 nov 2022 / 15:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.