Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Brión recupera o programa tradicional de Santa Minia

Volven dende este venres e ata o martes os concertos e postos de venda // Haberá un espectáculo de luz e son entre os días 26 e 27

Arrincan as Festas de Santa Minia cunha completa programación a cargo do Concello de Brión entre este venres 23 e o martes 27, recuperando concertos e verbenas, así como os postos de venda ambulante na avenida. A principal novidade será un espectáculo de luz e son Minia no soño da pa, na madrugada do luns 26 ao martes, substituíndo á tradicional queima da fachada, que será virtual.

Ademais, inclúese o VI Festival Monecadas, entre o sábado e o martes, sempre ás 17.00 h., na praza do Concello ca galega Cris Collado (Pepa a loba, día 24); a francesa Nauta con A elegancia está nos zapatos (25); o danés Alex Marionettes con Mr Barti Puppet Show (na xornada do 26) e a italiana Irene Vecchia Buratini con Pulcinella (27).

Respecto do programa, empeza este venres con tres actuacións do Mago Antón e o seu espectáculo Mil maxias máis ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas na carballeira. O mesmo lugar acollerá a partir das 21.00 horas o concerto de Pelepau e Banda Bacana. Xa o sábado tocará a charanga Os Jalácticos ás 19.00 horas, e a praza do Concello acollerá unha das actuacións tradicionais: o concerto das escolas de danza e música tradicional do Concello de Brión. Pecharán a xornada Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre e Os de Porfía as 21.00 horas.

O domingo 25, animará a charanga Os Celtas de Negreira e Airiños do Petouto. A banda municipal de Brión dará o seu tradicional concerto ás 13.00 horas, e logo, vermú coa charanga Os Celtas. Pola tarde, concerto de De Vacas e ás 23.00 horas, verbena coa Orquestra Finisterre.

Nas vésperas, o 26, animación con Devagariño, Os Celtas e Os Jalácticos, máis vermú con Unión y Fuerza (volve a tocar ás 21.00 horas) na carballeira. A medianoite, espectáculo de luz e son máis pirotecnia e verbena de París de Noia. Finalmente, o Día de Santa Minia. o 27, estará amenizado polas charangas Noroeste e Os Celtas, as gaitas de Airiños do Petouto e pasarrúas de Dixie Kings a mediodía. Ruth Cundíns protagonizará a sesión vermú na carballeira a partir das 14.00 horas. Pola tarde, espectáculo de La Ocaband e verbena ás 23.00 horas con Olympus.

No que atinxe aos actos relixiosos, o día de Santa Minia celebrarase a misa solemne ás 13.00 horas e oficios cada hora, mañá e tarde (dende as 09.00 e as 17.00 horas).

22 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.