Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Buño recupera a Mostra da Olería

Jessica Mariño deseñou o cartel da vinte e oito edición, que se celebrará do 4 ao 7 de agosto // Haberá un festival tradicional galego con cinco agrupacións folclóricas

Despois de dous anos de espera debido á pandemia, a vila oleira de Buño (Malpica de Bergantiños) volverá a converterse na capital artesán do barro do 4 ao 7 de agosto con motivo da vinte e oito edición da Mostra da Olería.

Unha cita que xa ten cartel promocional, o cal foi presentado este venres no Parque Luciano García Alén nun acto presidido polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e no que participou tamén a súa deseñadora, Jessica Mariño.

Un cartel que está ilustrados por unha das pezas tradicionais da olería de Buño, adornada con motivos vexetais, que pasará a formar parte da exposición de carteis promocionais de todas as mostras de olería, que se poderá contemplar durante a feira e que será unha das novidades deste ano, segundo anunciou o presidente da asociación Olería de Buño, Francisco Xosé Gorín.

Asegurou ademais que nesta edición, o sábado, día 6 de agosto, a exposición e os postos oleiros permanecerán abertos ao público todo o día ata ás 22.00 horas, e a xornada rematará cun festival tradicional galego, que xuntará a tres agrupacións folclóricas do Concello de Malpica e outras dúas convidadas.

O alcalde, Eduardo Parga, felicitou a autora do cartel, Jessica Mariño, “porque é moi bonito” e agradeceu a axuda da asociación Olería de Buño e a colaboración da Deputación da Coruña “para promocionar a nosa olería, que é un dos sectores máis importantes do muncipio”. Convidou ademais a veciños e visitantes a visitar Buño.

TRAIL. Por outra banda, Malpica acolle este sábado, día 16 de xullo, o I Trail Costa da Morte ‘Os nosos faros’, unha cita que nace para poñer en valor a beleza dun percorrido costeiro de 18,2 quilómetros entre o faro de Punta Nariga e a Praza de Anselmo Villar Amigo. A proba está organizada polo Club de Atletismo Marineda e a Federación Galega de Atletismo, en colaboración con Concello de Malpica, a Deputación da Coruña, Puerto de A Coruña e Gadis.

16 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.