Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cachelas, música, concursos e fogos de artificio no San Xoán de Carballo

Álex Ávila, director do Hospital Materno Infantil, abriu as festas co seu pregón // Tanxugueiras, Los Enemigos e Ortiga serán tres dos platos fortes do cartel musical

O San Xoán máis esperado xa comezou en Carballo e, despois de dous anos de pandemia, recupera o seu formato tradicional no que o lume das cachelas, os concertos musicais, as verbenas, as atraccións e o Descenso do Anllóns volven a converterse en citas ineludibles para todos os carballeses e visitantes.

Despois de que, ao mediodía deste martes soasen as bombas de palenque, o pistoletazo de saída chegou cun emotivo e aplaudido pregón a cargo dun carballés de pro, o pediatra, neonatólogo e director do Hospital Materno Infantil de A Coruña, Álex Ávila. Tamén se escoitaron as primeiras notas musicais polas rúas da capital de Bergantiños da man dos gaiteiros Meigallos da Nosa Terra.

A primeira verbena está programada para este mércores, día 22, a partir das 22.30 horas, e estará protagonizada pola orquestra Olympus. Na véspera do día grande, o xoves 23, o lume das cachelas volverá a iluminar os ceos de Carballo nunha noite meiga, na que ademais se celebrará o tradicional concurso, que cumpre 33 anos. Este ano haberá 1.450 euros en premios para as cachelas máis orixinais en canto a deseño e a súa elaboración.

O lume purificador dará paso ao día San Xoán, patrón de Carballo. Dende primeiras horas soarán os pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Gaitas, os Gaiteiros de Cances, Gaiteiros Falso Escuadro e a Banda do Conservatorio Profesional de Música. A misa solemne será ás 12.30 horas, cantada pola Coral de Bergantiños, e a continuación celebrarase a procesión.

A Banda do Conservatorio e a Charanga BB+ animarán a sesión vermú e a sobremesa, e ás 20.00 horas comezará a Verbena miúda con Los Mecánicos, no palco da música do Parque do Anllóns. Pola noite, ás 23.00 horas, chegará un dos pratos fortes do San Xoán 2022: o concerto de Tanxugueiras na Praza do Concello. Pechará a velada a orquestra Funçao Públika.

O día 25, ademais do Descenso do Anlllóns, terán lugar unha master class de Zumba e a XXIV Mostra de Habaneras como anticipo a outra noite de concerto con Los Enemigos e verbena coa orquestra Marbella. O domingo, día 26, celebrarase a VII Gala de Bailes de Salón e Ritmos Latinos, e pecharán o San Xoán o concerto de Ortiga, a orquestra Finisterre e unha sesión de fogos de artificio.

22 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.