Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caldas de Reis difunde a cantiga de Alfonso X que revela un milagre na vila

Inician así unha serie de actividades co obxectivo de pór en valor o patrimonio literario, musical e pictórico do municipio

O Concello de Caldas de Rei puxo en marcha unha serie de actividades para divulgar e poñer en valor a Cantiga de Santa María 104 do rei Alfonso X, que narra un milagre sucedido na vila. O profesor Miguel Fariña, imartiu este venres unha conferencia no auditorio municipal sobre A Música medieval no Camiño de Santiago: Caldas de Reis nas Cantigas de Alfonso X o Sabio.

O caldense Miguel Fariña entrou en contacto coa música medieval en 1979 formando parte do Grupo Universitario de Cámara da USC, e en 1993 fundou con Fernando Olbés o Grupo Martín Códax, de grande traxectoria musical e que aínda hoxe está en activo. Foi profesor de Historia da Música do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, do que tamén foi director.

O Concello de Caldas incorporouse recentemente na Comisión de Pueblos y Ciudades Alfonsíes creada pola FEMP con motivo do oitavo centenario do nacemento do rei Alfonso X. A través desta Comisión, pretenden dar a coñecer o vínculo de Caldas coas Cantigas de Santa María e divulgar a 104 entre a veciñanza, os visitantes e os peregrinos. A concelleira de Cultura, María López, destaca que con esta iniciativa “queremos dar a coñecer un patrimonio literario, musical e pictórico moi importante de Caldas de Reis pero pouco coñecido ata agora, e a conferencia de mañá é unha grande oportunidade para achegarnos a esta obra”.

HISTORIA. As Cantigas de Santa María, escritas na segunda metade do século XIII polo rei Afonso X e os seus colaboradores, acollen algúns milagres sobre un tema daquela de gran actualidade: o eucarístico. Neles, homes e mulleres experimentan a transformación en carne e sangue das hostias consagradas, realizándose así a nivel exterior os principios do dogma da transubstanciación. Tras unha panorámica sobre estas Cantigas, todas problemáticas no que ten que ver coa determinación das respectivas fontes, preséntase o caso da Cantiga de Santa Maria 104, para a cal Jaime Ferreiro Alemparte e Xosé Filgueira Valverde pensaron nun modelo escrito procedente da obra do alemán Cesáreo de Heisterbach e nunha canle de transmisión galega, considerada a localización do relato: Caldas de Reis.

A través dun renovado estudo comparativo entre o texto galego-portugués e a tradición de referencia, chégase a unha hipótese alternativa á dos anteriores especialistas e que establece distintos niveis e áreas de influencia en cada sección do relato mariano a partir dos Opuscula de Pier Damiani e do modelo narrativo do Santíssimo Milagre de Santarém.

27 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.