Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Organizará durante o verán andainas guiadas e divulgativas para dar a coñecer as especies que habitan os ecosistemas das marxes do río Umia TEXTO Manuel E. Boo

Caldas percorre a súa natureza

O Concello de Caldas colaborará na organización de andainas guiadas e divulgativas que terán lugar durante o verán polas marxes do Umia e a súa contorna para informar e dar a coñecer a gran variedade de especies que habitan os ecosistemas próximos a este curso fluvial. O obxectivo é que ao longo dos traxectos as persoas participantes observen e identifiquen as diferentes especies tanto animais como vexetais (aves, anfibios, insectos, plantas, etc.) presentes nunha contorna natural de enorme valor biolóxico.

Para esta actividade contarase co estudioso da diversidade biolóxica de Caldas e fotógrafo de natureza, Santiago Monteagudo, que acompañará os participantes no proceso de observación e investigación. Unha das andainas terá como protagonista aos anfibios un xénero que poboa amplamente o río Umia e os seus afluentes. Monteagudo explica que “desgraciadamente” os anfibios están en recesión en toda Galicia, cuestión que considera moi grave ao entender que “se a terra da auga queda sen anfibios, realmente perdería a súa razón de ser”.

O experto sinala que “afortunadamente na contorna do Umia podemos descubrir moitas especies do xénero dos anuros e dos urodelos”, estes últimos máis apreciables coa chegada das chuvias de outono, pois é cando saen da auga.

En Caldas poderemos descubrir por exemplo: O Bufo spinoso, Sapo común, cuxo carácter aventureiro faille afastarse dos cursos de auga, en busca de brañas e prados húmidos. O Discoglossus galganoi, Sapo raxado, típico das beiras do Umia e herbazais próximos, Hyla molleri, ra de San Anton, unha pequena ra arborícola que está en recesión nos humidais galegos que se atopa en Caldas en canaveirais das beiras onde se fai case invisible, sendo totalmente típico atopala entre as ramas dos abeneiros e tamén nas dos freixos de folla estreita.

Caldas igualmente alberga importantes poboacións de Rana iberica, Ra patilonga, unha pequena ra que é típico atopala entre os cantos rodados entre a Pontella e a Ponte Romana de Segade, ou a Pelophylax perezi, ra verde, a ra típica das beiras do Umia, onde se pode apreciar descansando na auga ou tomando o sol nas súas beiras.

14 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.