Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carnota renovará toda a iluminación do municipio

O pleno aprobará este venres o convenio entre Deputación e Concello para o financiamento da primeira fase deste proxecto

A Deputación da Coruña apoiará ao Concello de Carnota no financiamento das obras do Plan de renovación integral do alumeado público do municipio, un ambicioso proxecto para renovar por completo estas instalacións e mellorar a efiencia enerxética do municipio cun investimento de 1,3 millóns de euros que conta co apoio económico do IDAE no marco dos proxectos singulares para entidades locais que favorezan o paso cara unha economía baixa en carbono.

A primeira fase deste plan suporá un investimento de 371.000 €, dos que a Deputación achega 59.352 €. O convenio de colaboración será aprobado no pleno provincial deste venres, 25 de marzo.

O presidente provincial, Valentín González, explicou que con esta colaboración a Deputación pretende apoiar ao Concello nun proxecto que permitirá renovar por completo as 2.336 antigas luminarias, a maioría delas de vapor de sodio, e substituílas por novos puntos de luz con tecnoloxía LED, que melloran a eficiencia e potencia lumínica e reducen notablemente o consumo, así como mellorar os 51 cadros de luz e os postes e instalacións eléctricas que se atopen en malas condicións, mellorando tamén a súa seguridade.

Formoso indicou que, unha vez completada a actuación, permitirá ao Concello de Carnota aforrar arredor de miles de euros anuais na factura eléctrica e destacou a importancia de que os concellos da provincia aposten por iniciativas coma esta, para as que contan tamén co apoio técnico da Fundación Axencia Enerxética Provincial, dependente da Deputación.

Pola súa banda, o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, subliñou tamén a importancia do proxecto para renovar un sistema de alumeado público que data de hai décadas e lembrou que a factura eléctrica supón para o municipio un gasto de case 150.000 € anuais, que se está incrementado coa alza dos prezos da luz.

Saborido explicou que coas accións previstas, baixarán tanto as emisións de CO2 como o consumo eléctrico, o que traerá como consecuencia un aforro significativo na factura eléctrica de arredor dun 60 % ao tempo que se mellora a calidade do alumeado e as luminarias danadas, especialmemente na zona rural e litoral do municipio.

SEGURIDADE. A Deputación tamén levará ao pleno deste venres o convenio co Concello de Noia para financiar o proxecto para a mellora da seguridade viaria na rúa Coruña, un dos principais accesos ao municipio. A actuación, que está valorada en 84.527,05 euros dos que a Deputación aportará 67.621,64 euros, o 80 % do orzamento, permitirá mellorar a seguridade de vehículos e peóns nunha rúa interior do casco urbano de Noia que é moi utilizada, xa que conta cunha elevada actividade comercial e une as vías AC-550 e AC-311.

24 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.