Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Catoira abre o proceso para construir a Casa das Artes

Deputación e Concello investirán medio millón de euros na conversión do antiguo consistorio nun centro cultural

Cun investimento de case medio millón de euros (449.248,80), Catoira arrancou o proceso que converterá a antiga casa consistorial na futura Casa das Artes, un emblemático centro que acollerá as escolas de gaita e danza, música, teatro e artes plásticas . A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde, Alberto García, asinaron o convenio, enmarcado no Plan ReacPon, polo que a institución provincial achegará 381.861,48€ e o Concello 67.397,67 €.

O proxecto, que está listo para saír a licitación, suporá a esperada reforma da que foi casa do Concello, situada no centro do pobo e con boas conexións con todo o territorio. Recuperase así un edificio emblemático que, amais, será accesible, eficiente e descarbonizado, seguindo a liña dos obxectivos do programa ReacPon, o plan máis ambicioso de investimentos da historia da Deputación, destinado á reactivación económica e social. A presidenta provincial subliñou que a actuación é exemplo dos proxectos “moi maduros e moi traballados” que presentaron os concellos para o seu financiamento, “que se basean nas novas transformacións que se promoven incluso desde os novos fondos europeos”.

Pola súa banda, o alcalde Alberto García agradeceu a posta en marcha do Plan ReacPon que permitirá dar unha nova vida ao antigo edificio da casa consistorial. “Este edificio estaba xa deteriorándose pola falta de utilización, porque da forma que estaba non se lle podía dar o uso que pretendemos”, explicou.

A futura Casa das Artes, que servirá tamén para fomentar e concienciar sobre o uso eficiente dos recursos, contará cun grande salón, polivalente, onde se poderán levar as actividades das escolas, disporase dun tabique móbil para poder delimitar os espazos en función das necesidades e haberá ademais un espazo aberto que se destinará a zona de estudo e uso de tecnoloxías. O novo espazo será totalmente accesible e dotarase de ramplas e ascensor. Tamén se converterá nun lugar descarbonizado, cunha envolvente térmica óptima, con máquinas de climatización e produción de auga quente sanitaria eficiente e paneis fotovoltaicos.

06 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.