Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A morte da raíña Isabel II ou a guerra en Ucraína son algúns dos fitos que se recollen // Tamén se dá cabida a temas locais // Pode verse ata o 8 de xaneiro

Chega o Nadal e o Belén de Valga

Achégase o Nadal e, como non, Valga descubre un ano máis o seu famoso Belén. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o alcalde, José María Bello Maneiro, e a presidenta da asociación Amigos do Belén, Mari Carmen Castiñeiras, foron os encargados de abrir a cortina que cubría o nacemento e revelar, así, o segredo mellor gardado: as novas incorporacións que recrean os acontecementos que marcaron o 2022.

A morte da raíña Isabel II é un destes fitos, co cadaleito da monarca británica e o cortexo fúnebre percorrendo o Belén e unha réplica en madeira da Abadía de Westminster, na que se celebrou o funeral. Ademais, tamén hai espazo para o novo rei, Carlos III, e os seus problemiñas cos tinteiros que tanto deron que falar. A guerra en Ucraína é outra dos sucesos de repercusión mundial que se engade ao nacemento.

En clave máis rexional, recréase a vaga de incendios forestais que sufriu Galicia no pasado verán, como unha homenaxe a todas as persoas que loitaron contra o lume. As Tanxugueiras, unhas das protagonistas indiscutibles do pasado ano no ámbito cultural e do espectáculo, contan coa súa figura actuando no Benidorm Fest, e tamén poden verse as Dúas Marías.

No apartado local dedicado a Valga as principais novidades son unha impresionante réplica da igrexa de Cordeiro, o Encontro cos Nosos Maiores, e un recoñecemento á piragüista valguesa campioa de España Nerea Novo Romero. Ademais, réndese homenaxe póstuma a Manuel Míguez Lodeiros, párroco de Campaña durante 51 anos, falecido o pasado Nadal e que se encargaba de bendecir o Belén Artesanal.

Estará aberto ata o día 8 de xaneiro nos seguintes horarios: de luns a venres, de 17.30 a 20.30 horas; os sábados de 17.00 a 20.30; e os domingos e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30. Para visitas de grupos fóra deste horario pódese solicitar cita no teléfono 630 95 25 15.

05 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.