Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chegou a nova pasarela de metal para o Parque do Anllóns en Carballo

Carballo. Este luns comezaron os traballos de instalación da nova pasarela do Parque do Anllóns, unha ponte de metal e formigón que solucionará os problemas de accesibilidade e mantemento da anterior, e que, dado o elevado risco de inundación que supón o río Anllóns ao seu paso pola zona urbana, é máis elevada. A nova ponte, construída e instalada pola empresa de José Ramón González Campos, supuxo un investimento de 43.974,03 euros.

A anterior ponte de madeira tivo que ser retirada, despois de vinte anos, pola falta de seguridade que representaba polos danos acumulados na estrutura.

As obras xeraron unha importante expectación, dado que a colocación da ponte era unha demanda veciñal reiterada. O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros Juan Seoane e Milagros Lantes tamén quixeron achegarse para ver a nova ponte, pola que se poderá transitar nos vindeiros días.

A construción viuse afectada polos problemas de subministro de material. A pasarela mide 16 metros de longo e 2,19 de ancho.

Dende o PP, que ía preguntar no pleno polo retraso na reposición, consideran que esta infraestrutura de ferro e formigón “xera un evidente impacto visual negativo e non se integra na estética do propio parque”, afirman.

Lamentan que non haxa un “proxecto de vila, non hai previsión e si moita improvisación e propaganda para facer ver un Carballo virtual que dista moito do real”. M. L.

26 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.