Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Claudina Mata, a granadina que exerce de embaixadora dos encaixes de Camariñas

Incorpora as puntillas a todas as súas coleccións de noiva // Di que se integran perfectamente no espírito da súa moda nupcial

A deseñadora de moda Claudina Mata, unha das figuras habituais do desfile de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, estase a consolidar como unha das mellores embaixadoras do encaixe por España e polo mundo, ao aplicar estes elementos feitos a man nos vestidos de noiva da súa firma.

“Tengo tres colecciones: Novia Natura, Novia del aire y Greta y en todas ellas está presente el encaixe de Camariñas, a mis clientas les encanta”, afirma la diseñadora granadina. Non só aplica as puntillas ás súas creacións, senón que tamén lles conta ás noivas “toda la tradición que hay detrás y las manos expertas que cuidan cada cruce de ese hilo. Ellas lo admiran mucho porque aquí en el sur hay muy poca gente que se encargue de eso y la tradición es más escasa”.

Unha das pezas que máis está a triunfar entre a súa clientela e o Ganapán, que aplica en varios vestidos e que, asegura, “es uno de los más llamativos y bonitos para ellas”.

Claudina Mata se declara como una gran admiradora de Camariñas por “el mantenimiento de la tradición que se hace en esta localidad a través de la Mostra”, e afirma que vai incorporar o encaixe sempre. “Le doy mucho valor, tanto sentimental como manual. Adoro como queda en los vestidos, integrándose perfectamente en la colección y en el espíritu de la marca, que es el de una novia romántica, fina y elegante”.

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, agradece a Claudina “a devoción que amosa cada vez que ven á Mostra por Camariñas e polo encaixe” e lembra que “a comercialización do encaixe por parte dos deseñadores e deseñadoras máis coñecidos está permitindo que se afiance como un elemento de vangarda”, transcendendo así máis aló do seu carácter meramente tradicional.

A pasarela da feira dos encaixes converteuse nun gran escaparate e referente da moda ao xuntar aos mellores deseñadores e aos novos creadores unidos por un elemento común: as puntillas.

Todos eles traballan xa nas súas novas coleccións que presentarán na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 13 ao 17 de abril, recuperando así as súas datas habituais, coincidindo coa Semana Santa.

Unha cita que este ano terá como lema E ti, encaixas no paraíso, co que o Concello
fai un chamamento para dar a coñecer Camariñas pola súa riqueza e patrimo-
nio máis aló da artesanía.

Con tal fin, nesta edición farán unha clara aposta por unir a tradición milenaria do encaixe, que a día de hoxe se sitúa na vangarda da moda, coa natureza da que se pode desfrutar neste municipio.

A campaña promocional ten como eixo principal un vídeo que fai un percorrido desde a Virxe do Monte ata a duna rampante de Monte Branco, que é tamén a imaxe do cartel da trinta e unha edición, xunto con Ainhoa Toba, unha voluntaria da Mostra do Encaixe.

No vídeo aparecen tamén todas as parroquias e os lugares emblemáticos do municipio, ademais do porto de Camariñas, o traballo das mariscadoras e dos percebeiros de Santa Mariña, o espazo natural do Ariño, a desembocadura do río Grande, as igrexas de Xaviña e San Xurxo, o faro Vilán, as praias de Reira e o cemiterio dos Ingleses.

17 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.