Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Lembrou ó escritor en Ourense e no Barco de Valdeorras con actos aminados pola banda Sr. Jingles // Asistiu o biógrafo do autor // Feiraco repartiu gratis entre os transeúntes o seu produto estrela no envase especial das Letras Galegas TEXTO F. R. G.

CLUN pon a súa pinga de leite ca dobre homenaxe a Delgado

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) quixo poñer a súa pinga de leite nas Letras Galegas celebrando dúas homenaxes á figura de Florencio Delgado Gurriarán e que contaron coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Concello do Barco de Valdeorras.

A primeira delas tivo lugar na cidade das Burgas, concretamente no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ás 11.30 horas, e contou coa presenza do director xeral de CLUN, Juan Gallástegui, e do vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández.

Gallástegui afirmou que para CLUN “é unha honra sumarse ao recordo de Florencio Delgado que toda Galicia fai co gallo das Letras Galegas, un recoñecemento merecido polo seu legado literario, cultural e político. A persoeiros como Florencio Delgado debémoslles que as galegas e os galegos vaiamos polo mundo exercendo como tales, con orgullo do que somos e con orgullo do que facemos”.

Asimesmo, sinalou que, detrás das marcas (Feiraco, Únicla e Clesa) “non está unha empresa máis; está CLUN, unha cooperativa rural galega que ten un compromiso con Galicia que transcende de intereses meramente mercantís. Transmitimos Galicia desde todos os produtos que de principio a fin fanse en Galicia”. “Queremos que as miles de familias que confían en nós dentro e fóra de Galicia poidan achegarse máis ao papel decisivo que tiveron na construción de Galicia persoas como Delgado Gurriarán, e que seguimos facendo todas e todos para xeracións vindeiras”, engadiu.

Pola súa parte, o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, destacou que “unha cooperativa como CLUN ten algo en común coa Deputación: que ten no seu ADN o sentimento de cooperación”. Ademais, felicitou á compañía non só por iniciativas como esta, senón “por estar, como unha cooperativa pegada ao territorio, ligada ao sector primario”, que tamén fai unha aposta “polo noso elemento fundamental de identidade: a lingua”.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, foi a segunda das lembranzas nun acto ao aire libre no Concello do Barco de Valdeorras, concretamente na Praza de Andrés de Prada, no que participaron o biógrafo do autor lembrado, Ricardo Gurriarán; o director xeral de CLUN, Juan Gallástegui; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e Alfredo García Rodríguez, alcalde do Barco. Ambos os dous eventos contaron coa banda Sr. Jingles, que interpretou varios poemas do autor nado na provincia de Ourense.

Todo isto ten un porqué: unha das marcas de CLUN, Feiraco, vén lanzando desde hai anos a edición especial de briks de leite coa imaxe do escritor homenaxeado do Día das Letras Galegas. Esta iniciativa englóbase na colaboración histórica de Feiraco coa Xunta de Galicia para difundir dita celebración e a obra dos distintos creadores recordados, e exemplifica a aposta de CLUN polo idioma, a cultura e o patrimonio galegos en todos os seus ámbitos de actuación.

Ademais do acto de homenaxe, a marca máis tradicional de CLUN, Feiraco, quixo celebrar as Letras Galegas con todos os transeúntes de Ourense e do Barco de Valdeorras.

Por esta razón, e en paralelo aos encontros culturais, tiveron lugar sendas accións no exterior e que consistiron nunha entrega gratuíta de leite co envase da edición especial homenaxe Letras Galegas 2022.

CLUN ten máis de tres mil asociados e conta con catro sedes, en Ames, Caldas, Melide e A Mariña, que proporcionan emprego directo a máis de catrocentas persoas.

19 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.