Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cobre San Rafael xa finalizou a limpeza do rego Portapego

Estos labores enmárcanse no plan de restauración das augas da mina de Touro-O Pino

Cobre San Rafael, que promove a reactivación da produción de cobre nos municipios de Touro e O Pino, anunciou o remate das obras de limpeza e recuperación do Portapego, rego que nace baixo o antigo depósito de estériles mineiros. Esta limpeza de leitos complementa as actuacións previstas dentro do seu Proxecto Integral de Restauración das Augas da antiga Mina de Touro-O Pino.

Cun investimento que superou os 1,9 millóns de euros, este Proxecto Integral deseñouse para dar resposta á demanda social de solucionar os pasivos ambientais herdados da antiga mina. Esta cesou a súa actividade hai 35 anos conforme aos estándares da época, que non tiñan o nivel de esixencia actual.

As actuacións levadas a cabo tiveron como obxectivo sanear as augas en contacto co complexo mineiro histórico, restituíndo o seu estado natural. O plan considerou tres vectores fundamentais: primeiro, evitar que a auga entre en contacto cos minerais acumulados, para o que se construíu un novo sistema de canles; segundo, construír unha nova planta de tratamento para acondicionar as augas en contacto cos minerais ata conseguir unha calidade óptima para a súa descarga aos leitos circundantes; e en terceiro lugar, limpar estes leitos, que están afectados polos materiais de orixe mineira arrastrados polas augas durante todos estes anos. Esta última actuación é a que finalizou agora, coa limpeza da cabeceira do rego Portapego. Unha vez o leito se atopa acondicionado e tendo en conta que as augas que achega a súa cabeceira estarán limpas grazas á nova planta de tratamento, recupérase o estado natural deste curso ao seu paso polo núcleo urbano.

Para a realización dos traballos, que contaron coa autorización das administracións competentes, aplicáronse as mellores técnicas dispoñibles para estas actividades, asegurando unha xestión excelente do medio intervido. A limpeza consistiu na retirada dos lodos levados polas augas desde a antiga explotación mineira e depositados nos leitos ao longo dos anos.

O proceso de limpeza prolongouse varias semanas e levouse a cabo usando maquinaria especializada para esta actividade, como camións aspiradores e maquinaria de baixo tonelaxe (retroescavadora de 4t e 2 dumper de obra para o transporte de lodos), para non causar afección nas ribeiras. Dito proxecto forma parte do compromiso real de Cobre San Rafael coa súa contorna. Unha aposta pola industria sostible que supón a restauración ambiental definitiva das augas da contorna da mina de Touro antes do comezo doutra actividade.

01 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.