Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Os fogos artificiais precederon o día de Reis ao apagón das oitenta mil luces que adornaron o lugar // Satisfacción pola afluencia de ao redor de 3.000 visitantes

Codeseda pecha con música a súa Aldea no Nadal

De novo, e por terceiro ano consecutivo, a aldea de Codeseda, na parroquia lalinense de Doade, apagou o día de Reis as súas luces e clausurou o evento Unha aldea no Nadal. Unha iniciativa, despedida con música e fogos de artificio, que organiza o Museo Etnografico Casa do Patrón, cuxos responsables amosaron a súa satisfacción polo gran interés que esperta, xa que, a pesar da pandemia, este ano visitaron a aldea ao redor de tres mil persoas.

Así, dende as cinco da tarde do pasado día seis, o grupo de gaitas Os Trasnos de Doade amenizou a xornada con panxoliñas ao longo da aldea e rematando na carpa.

Unha hora maís tarde, ás 18.00, tivo lugar o concerto do grupo Nosequé na carpa instalada para acoller todas as actividades de dito evento.

Posteriormente, ao redor das 19.00 horas, fíxose unha chocolatada que foi servida aos asistentes sentados nas súas cadeiras e rematouse cunha tirada de fogos artificiais.

O evento Unha aldea no Nadal celebrouse por terceiro ano consecutivo e realízase a cargo do Museo Casa do Patrón, que conta coa colaboración dos veciños e amigos. Este ano foi dende o oito de decembro de 2021 ata o seis de xaneiro de 2022, e estímase que ao longo de todo este período acudiron ao redor dunhas tres mil persoas.

Este ano contouse con máis de 70 beléns artesanais, entre os que destacaron o do Camiño de Santiago e outro a tamaño real ubicado nun pesebre e co acendido de máis de oitenta mil luces que adornaron a aldea durante estas datas. “Estamos moi contentos e satisfeitos”, asegurou o responsable da Casa do Patrón, Manuel Blanco Villar.

08 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.