Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comeza a mellora do sinuoso trazado do vial que une Baíñas e Caxadas, en Vimianzo, que terá senda peonil

Vimianzo. A Deputación da Coruña iniciou os traballos de ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP-9203 de Caxadas a Baíñas, en Vimianzo, o maior investimento da área provincial de Vías e Obras, cun total de 1.335.098 €.

A intervención permitirá construír unha senda peonil de case dous quilómetros e mellorar o sinuoso trazado da vía no núcleo de Padreiro, que presenta curvas perigosas nas que se rexistra unha elevada sinistralidade. Os traballos teñen un prazo de execución de once meses e permitirán á veciñanza das vivendas lindeiras ca DP-9203 dispor dun novo itinerario peonil accesible e seguro e que os máis pequenos tamén podan acceder con seguridade ao autobús escolar que para na zona.

A senda, de 1,80 metros de ancho e 0,5 de beiravía, discorrerá durante 2 quilómetros. A plataforma incluirá unha nova estrutura ó paso do río Castro, onde a actual carece de capacidade para desaugar.

O proxecto tamén inclúe a mellora do trazado no punto quilométrico 4+500, moi sinuoso, con curvas de radio reducido á altura de Padreiro de Abaixo. O novo radio mínimo será de 250 metros. suso souto

05 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.