Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Os dezaseis concellos das comarcas reciben 15,5 millóns de euros do POS+ 2022 da Deputación // Catorce deles destinan fondos provinciais ao gasto corrente, mentras que só Camariñas e Cerceda van recortar débeda TEXTO María Rendueles

Costa da Morte e Bergantiños custearán 55 obras co Plan Único

O Plan Único (POS+2022) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 15.512.606 euros investidos nos concellos das comarcas de Bergantiños e Costa da Morte, dos que 4,5 xa teñen como destino o financiamento de 55 obras (uns números que se irán incrementando ao longo do ano cos fondos adicionais do plan) e máis de 1,2 millóns se destinan a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de protexer aos colectivos máis vulnerables.

Segundo explican desde a Deputación coruñesa, o Plan Único achega preto de 1,2 millóns de euros aos dezaseis concellos da comarca para gasto social. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 20.249 euros que se leva Corcubión e os 196.229 euros que recibe Carballo.

Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas como vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables, son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

OBRAS PREVISTAS. Dentro do plan, dezaseis concellos da comarca executarán un total de 55 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras, segundo as fontes.

Entre os investimentos destacan a mellora da iluminación do campo de fútbol do complexo deportivo As Eiroas de Carballo (260.065 euros); a conservación e mantemento da piscina municipal da Rocheira (209.479€) e renovación do campo de fútbol da Rocheira (176.466 €) en Coristanco; construción dunha senda peonil a Lingunde (71.662 €) en Camariñas; melloras de saneamento en Borreiros (Cee); Frixe (Muxía), A Silva (Cerceda); rúa xeneral Mourelle (Ponteceso); rúa Salvador Allende (Corcubión), e O Piñeiro (Coristanco), entre outras.

Entre os concellos que apostan por mellorar camiños e estradas municipais figuran o de Dumbría (197.774 €), Fisterra (150.155 €), A Laracha (423.382 €), Laxe (133.572 €), Malpica (213.285 €), Muxía (485.093 €), Vimianzo (175.471 €) ou Zas (394.657 euros).

Así mesmo, catorce concellos da comarca (todos agás Cerceda e Coristanco) destinan parte dos fondos do Plan Único a financiar gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeado municipal ou a recollida de lixo.

Os únicos concellos das comarcas que destinan este ano parte dos fondos á redución de débeda son os de Camariñas (10.597 euros) e Cerceda (15.654 €).

LIBERDADE PARA DECIDIR . Desde a Deputación da Coruña indican que o POS+2022 ofrece aos concellos da provincia total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega o organismo, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio, suliñan.

O protagonista
“O programa contribúe á reactivación”
Valentín González
Presidente da Deputación da Coruña

Estes datos foron dados a coñecer polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que remarcou a utilidade deste programa para “contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais”. Formoso insistiu no compromiso da institución que preside ao dar apoio aos concellos da provincia para que sigan activándose.

Investimentos por concellos
CARBALLO ABSORBE O 15 %

··· A capital de Bergantiños. Carballo é o concello que recibe a maior cantidade de diñero procedente do Plan Único, algo máis de 2,3 millóns de euros, o que equivale ao 15 por cento do total. Destes cartos, Carballo destina 534.000 euros a gasto corrente, 450.000 a investimentos, mentras que preto do 1,2 millóns son do POS+adicional.

··· Por riba do millón. Están, tamén, os concellos de A Laracha, que recibe da Deputación algo máis de 1,4 millóns, dos que 423.382 son para obras e 293.515 para gasto corrente; Coristanco que contará con algo más de 1,2 millóns, dos que 622.744 son para investimentos; Vimianzo, tamén por riba do 1,2 millóns, dos que destina 309.424 a gasto corrente e 157.451 a investimentos; Zas, con 1,2 millóns, 394.657 para obras e 244.513 para gasto corrente; Muxía que supera o 1,1 millóns, (485.093 son para obras e 61.336 para gasto corrente), e Cerceda con algo máis de 1 millón, 482.739 (gasto corrente) e 15.654 (débeda).

19 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.