Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Daría máis axudas ao comercio da zona”

María Luísa Fontecoba

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, casada e con dous fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

Quizais o que faría é darlle un pulo ao comercio local para que haxa máis tendas, e así ter máis onde comprar. Sería importante que nos desen as axudas que nos prometeron. É o único que melloraría.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor é que non hai aglomeracións en ningún lado, en ningunha rúa. Encántame por iso. Tamén me gusta porque parece que atopas sempre ás mesmas persoas, como se vivises nunha zona moito máis rural. Para outra xente ao mellor iso non é bo, pero para min si, porque me encanta cruzarme coas persoas que coñezo. Quizais é o que máis valoro. Logo tamén temos moitas zonas verdes polos arredores: montes para pasear, rutas para facer... Gústame moito pola tranquilidade. Algúns veciños sinalan que hai sitios nos que rouban, pero teño que dicir que eu iso descoñézoo.

E o que peor leva?

Eu creo que nada. Ao mellor é que a xente que vén aquí é marabillosa e por iso non teño nada que dicir. Eu vivo tamén por esta zona e é un sitio moi tranquilo. Non podo dicir nada malo a verdade, porque non o sinto. Estou encantada aquí.

12 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.