Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
PROMOCIÓN. Cinco bloggers profesionais especializados en viaxes percorrerán a prolongación do Camiño a Fisterra e Muxía // Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Ribas chegan a uns 130.000 seguidores de todo o mundo // Sairán da praza do Obradoiro este luns TEXTO Víctor Furelos

Das redes sociais á fin do mundo

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), entidade que xestiona a promoción do xeodestino Costa da Morte, convida a cinco bloggers profesionais especializados en viaxes a vivir a experiencia do Camiño de Fisterra e Muxía para dalo a coñecer nas súas redes sociais, que chegan a uns 130.000 seguidores de todo o mundo, e nos seus bolgs.

Bo Saldaña, de El mundo ok; Leticia Pérez, de Trucos viajeros; Eva Abal, de Una idea un viaje; Dani Keral, de Un viaje creativo; e Alberto Ribas, de Al vientooo son os participantes na campaña O Camiño Continúa, impulsada pola CMAT, que preside Mónica Rodríguez, coa colaboración da Deputación da Coruña para promocionar o Camiño de Fisterra e Muxía ao seu paso pola Costa da Morte neste Ano Santo Xacobeo 2021.

A iniciativa, que se deselvolverá na semana do 13 ao 19 de setembro, inclúese no programa de axudas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competividade e actividades turísticas no 2021.

Os cinco bloggers sairán da praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, na mañá do próximo día 13 de setembro de 2021. Percorrerán diversos tramos do Camiño de Fisterra e Muxía no seu paso pola Costa da Morte. Desde ese luns e ata o venres, 17 de setembro de 2021, xornada na que está prevista a súa chegada a Muxía.

A continuación, cada profesional pasará a fin de semana en diferentes zonas da Costa da Morte e compartirá a súa experiencia cos seus seguidores nas súas redes (Instagram, Twitter e Facebook) e blogs. O Camiño Continúa, que estará coordinada polo blogger Alberto Ribas, quere difundir, promocionar e impulsar o Camiño de Fisterra e Muxía (unha ruta que representa a continuidade do Camiño de Santiago que, tras chegar a Compostela, continúa ata a Costa da Morte) como destino turístico e, tamén, aproveitar esta Vía Xacobea para que os peregrinos visiten e coñezan o patrimonio, a natureza e a cultura que ofrecen os concellos que forman parte da CMAT, unha entidade sin ánimo de lucro que integra os diferentes axentes locais, públicos e privados, coa finalidade de desenvolver este territorio en materia turística.

Os cinco bloggers que xestionan os seus sitios especializados en viaxes, e que son referentes na blogosfera española, despois de percorrer os tramos do Camiño de Fisterra e Muxía aloxaranse e utilizarán servizos turísticos asociados á CMAT, en colaboración coa Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM).

Durante a andaina dos bloggers pola Ruta xacobea que leva ata Muxía e Fisterra, incorporaranse ao Camiño diferentes axentes locais para contribuír á súa promoción e difusión, en coordinación cos diferentes concellos. CMAT gravará unha reportaxe da experiencia, que será empregada como reclamo turístico en canles online.

A campaña O Camiño Continúa chegará aos 130.000 seguidores das redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter) de Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Ribas, todos especializados en viaxes. Os seus blogs contan con máis de 475.000 visitas mensuais (El mundo ok, 80.000; Trucos viajeros, 26.600; Una idea un viaje, 180.000; Un viaje creativo, 125.000, y Al vientooo, 65.000). Para non perder detalle, a experiencia de O Camiño continúa pode seguirse nos blogs e perfís das redes sociais tanto dos bloggers coma da CMAT (Instagram, Twitter e Facebook).

08 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.