Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Destacan na Estrada a aposta do Goberno pola variante N-640

José Miñones exemplificou o compromiso polo municipalismo con proxectos de 12 millóns

O delegado do Goberno en Galicia exemplificou este mércores, nunha visita ao Concello da Estrada, o compromiso do Executivo central co municipalismo e avanzou a aposta pola variante N-640 na que os Orzamentos do Estado para 2023 asignan unha partida de medio millón. “A Estrada é un exemplo de como o Goberno aposta por mellorar os servizos públicos e a calidade de vida de todos os galegos e galegas, no marco da aposta do Executivo por facer chegar o Plan de Recuperación a cada recuncho do país”, asegurou Miñones.

O delegado desprazouse ata a A Estrada xunto coa subdelegada, Maica Larriba. Alí, mantivo unha reunión co alcalde, José Campos, para abordar os investimentos estatais no municipio e coñecer as súas demandas. Tras anunciar que A Estrada é un dos 8 concellos da provincia que poden optar, xunto coa Diputación, ás novas subvencións para a dixitalización, Miñones lembrou que na convocatoria de 2022, o Ministerio de Política Territorial abriu estas axudas a municipios de entre 20.000 e 50.000 habitantes e puxo ao dispor do territorio galego unha inxección de 12 millóns.

O representante do Estado detallou que no caso da Estrada, poderá beneficase dunha subvención de 140.900 euros. Tamén mencionou outros investimentos do Goberno no municipio, como a variante N-640, “unha obra de vital importancia para a localidade e a provincia e coa que o Goberno está comprometido”. Finalmente avanzou que A Estrada está incluída nas dúas convocatorias -2021 e 2022- de dotación de internet de alta velocidade.

Impulso á inversión en renovables na visita á planta de biogás en Silleda

Silleda. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñores, visitou este mércores a industria cárnica Frigoríficos Bandeira, en Silleda, co obxectivo de supervisar a instalación dunha planta de biogás subvencionada con máis de 2,2 millóns de euros. O delegado remarcou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica asignou a Galicia este ano máis de 9 millóns para financiar 30 proxectos na Comunidade, que están a permitir a instalación de 52 megavatios de potencia eléctrica renovable. Durante a súa visita, Miñones estivo acompañado pola subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba.

O delegado destacou a planta de biogás de Frigoríficos Bandeira como un proxecto innovador que aposta pola eficiencia enerxética con calidade e con carácter circular, ao aproveitar os residuos para a xeración de enerxía. “Esta planta de biogás vai permitir que sexan autosuficientes, vai aforrar emisións de CO2 e tamén custos, coa posibilidade de que reciban axudas de compensación de C02”, afirmou. m. rendueles

20 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.