Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Unitarias, colexios e IES organizaron obradoiros, encontros con familias e diversas iniciativas culturais e lúdicas para os seus alumnos TEXTO M. Rendueles

Divertimento para despedir un curso escolar atípico en Valga

Os centros educativos valgueses celebraron o remate do curso con distintas iniciativas culturais e lúdicas. As escolas unitarias, os colexios de Infantil e Primaria e o IES de Valga pechan así un curso académico marcado pola pandemia pero que lograron desenvolver con relativa normalidade grazas á responsabilidade dos estudantes, as familias e os equipos docentes e directivos á hora de cumprir os protocolos anti-COVID. Por iso as celebracións cobran se cabe maior significado.

Os rapaces do CRA de Valga festexaron o remate das clases nas súas respectivas escolas (Campaña, Forno, Ferreirós, Vilarello, Xanza e Chenlo) cun encontro coas familias e coa realización de obradoiros, xogos e manualidades, ademais de merendas saudables. Tamén deron por clausurado o proxecto desenvolvido no centro, Valga en Camiño, e celebraron un acto de graduación e despedida do alumnado de 5 anos. No CEIP Plurilingüe Baño-Xanza houbo diversidade de actividades, comezando por obradoiros e xogos populares coma o aro, a ra ou os bolos. Ata o centro achegouse o mago Dani Polo, que realizou varios pases do seu espectáculo de ilusionismo no ximnasio. Os máis cativos divertíronse con inchables no pavillón.

Por último, no IES de Valga elixiron como despedida dous espectáculos: Títeres Alakrán puxo en escena Barrigaverde ataca de novo, e a actuación de Alba Grande, co seu espectáculo de xograría Contos para derreter a cera.

24 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.