Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Unha rehabilitación integral coa que se mellorará a eficiencia enerxética do instituto muradá // A Xunta investiu en obras nos centros de Barbanza máis de 8,3 millóns de euros TEXTO María Cano

Educación licita as obras coas que porá a punto Fontexería

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reiterou este luns o compromiso da Xunta de Galicia con que a Comunidade galega siga sendo unha das que conta con maior investimento por alumno no ensino público. Fíxoo durante unha visita que realizou ao IES Plurilingüe Fontexería de Muros para presentar a reforma integral á que se someterá, a cal ascende a 1,4 millóns de euros.

Segundo informou o conselleiro, a intervención vén de ser licitada e contempla a mellora da eficiencia enerxética do centro, a través da substitución da cuberta existente por panel de dobre chapa de aceiro con illante intermedio e a instalación de sistema de illamento térmico polo exterior. Así mesmo, o programa de necesidades inclúe cambiar a carpintería exterior por unha nova de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, a colocación de luminarias de alta eficiencia enerxética e mellorar as instalacións de calefacción.

A maiores, limparanse e pintaranse os paramentos verticais e teitos de todas as estancias do edificio principal, edificio de talleres e salón de actos, cambiaranse os falsos teitos en parte do instituto, reorganizaranse espazos no semisoto e acometeranse outros traballos complementarios. Estas obras enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para deseñar un novo modelo de centros postpandemia, que conta cun orzamento de 191 millóns.

Rodríguez tamén aproveitou a viaxe para comprobar o resultado da rehabilitación integral executada no CEIP Ramón de Artaza de Muros, na que se investiron algo máis de 800.000 €. Por unha parte, mellorouse a eficiencia enerxética do centro a través do illamento térmico polo exterior, cambiouse a cuberta e colocáronse novas fiestras, instalaron luminarias con tecnoloxía LED, equipos de regulación e detectores de presenza en zonas comúns e aseos. Por outra parte, reparáronse e pintáronse os paramentos interiores e reformouse a antiga casa do conserxe para ampliación do comedor. Neste momento, tal e como explicou o titular de Educación, faltan algúns remates, cuxa execución non interfire na actividade lectiva.

“Un investimento de 86,5 millóns se se teñen en conta o conxunto de obras de mellora en centros escolares executadas, recibidas ou licitadas neste ano”, destacou Román Rodríguez na vila muradá, especificando que só en centros da comarca do Barbanza o investimento en obras realizadas e comprometidas ascende a máis de 8,3 millón de euros para un total de 40 actuacións.

o protagonista
INXECCIÓN EXTRA PARA BLINDAR
O SISTEMA
Román Rodríguez
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

Román Rodríguez lembrou en Muros que o Goberno galego ten comprometido para este curso 2021-2022 unha inxección extra de case 140 millóns de euros co fin de facer fronte ás necesidades derivadas do contexto de pandemia provocada pola covid e blindar a seguridade sanitaria, así como a calidade do sistema educativo.

“Este reforzo económico inclúe os 10 millóns do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, que se incrementa nun 40 por cento respecto ao pasado curso”. Ademais, 43,8 millóns corresponden a fondos europeos dirixidos a avanzar nas competencias dixitais ou modernización da Formación Profesional, entre outros conceptos.

{ blanco o negro }
Mayor confort
María Cano

A nivel autonómico, durante el período estival, se acometieron centenares de actuaciones en los centros educativos de las cuatro provincias. Todas ellas se han llevado a cabo de acuerdo con las directrices establecidas en el Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, la hoja de ruta del Gobierno gallego para adaptar los centros a las nuevas necesidades educativas, sanitarias y tecnológicas de la próxima década. En este sentido, si queremos un sistema educativo igualitario, con las mismas de oportunidades y, consecuentemente, una mejor sociedad en el futuro, hay que seguir invirtiendo para tratar de afianzarlo y asegurarlo. Actuaciones con las que se mejoran infraestructuras que repercuten en el confort de todos sus usuarios.

20 sep 2021 / 19:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.