Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
CONCURSO. María de los Reyes Mora foi a gañadora da quinta edición // Das dez finalistas, foron galardoadas cinco na votación popular das redes TEXTO J. Ramos

Enfoques e clics con premio nas Torres do Allo

Descubrir e gozar do patrimonio tamén ten premio na Costa da Morte. Sábeno ben quenes visitan cada ano as Torres do Allo, en Zas, e aqueles que decidiron enfocar cos seus móbiles o pazo máis antigo de Galicia. Cinco deses orixinais enfoques da casa señorial e os seus anexos foron premiados no quinto concurso fotográfico que foi convocado polo Concello de Zas, coa colaboración da Deputación da Coruña.

María de los Reyes Mora con 265 votos, fíxose co primeiro premio, dotado con 100 euros. O segundo foi para Valvanuz Coterillo Frías con 87 votos (75 €), e o terceiro, con 46 votos (50 €), recaeu na imaxe de Goretti Fuentes Montero, que colleitou tamén o cuarto galardón con outra foto que obtivo 42 votos. E o quinto e último premio foille outorgado a Clara Sánchez Garrachón, que sumou dezanove votos.

As fotografías premiadas foron elexidas nunha votación popular nas redes sociais das Torres do Allo (Facebook e Instagram), despois de que un xurado composto por Fidel Otero, Alberto Villar, Xurxo Sánchez, Tania Carreira e Juan Fuentes seleccionara as dez finalistas.

Nesta quinta edición do concurso, que naceu co obxectivo principal de promocionar o conxunto das Torres do Allo e a súa contorna, os tres primeiros premios, outorgados polo Concello de Zas, foron en metálico, namentres que o cuarto e o quinto consistiron en sendos vales para a impresión de trinta e quince fotos, respectivamente, xentileza do estudo de Juan Fuentes, de Baio.

O acto de entrega dos galardóns tivo lugar ao pé das Torres do Allo e estivo presidido pola concelleira de Educación, Pilar García García.

02 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.