Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Escolares de tres colexios da Laracha limparán este venres a praia de Caión

A Laracha. O vindeiro venres 15, os CEIPs da Laracha colaborarán na limpeza organizada pola Adega simultaneamente en varios puntos de Galicia. “Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día”, afirma o director do CEIP de Caión, José Roca Moro.

Participarán alumnos e docentes de quinto e sexto do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco; de sexto do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha, e do CEIP de Caión. O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendan a todo o alumnado que leva lubas, calzado e roupa adecuada a situación climatolóxica. Nesta ocasión non poderán contar coa axuda e colaboración dos familiares do alumnado nin de outro voluntariado da vila.

12 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.