Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Evitaría tantos sinais de carga e descarga”

Francisco Javier García

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, solteiro, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

Primeiro, evitar tantos sinais de máximo dez minutos e de carga e descarga, sobre todo na xeral ou na zona da Cruxa. Nun tramo moi pequeno hai aproximadamente sete ou oito. O que provoca é que se reduza o sitio para aparcar e os que non temos garaxe temos que estar dando voltas para atopar un oco. Hai só un aparcamento de terra. Segundo, ampliar a variedade de tendas de téxtil. Hai sobre todo orientado ás mulleres, pero moi pouco de home. Por último, máis actividades culturais, que están un pouco paradas. Tamén arranxaría o problema do transporte: co cambio nin os condutores coñecen os horarios.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Creo que a tranquilidade, o tráfico non é tan intenso como en Santiago. É un sitio moi tranquilo, no que ademais non hai movida nocturna. A parte, os que temos a sorte de ter coche propio estamos a cinco ou dez minutos de Santiago e Bertamiráns, e así xa temos todas as necesidades cubertas.

E o que peor leva?

Que se fai un pouco monótono, aburrido. Aquí non hai actividades, non hai nada que facer. Hai que ir a Santiago para ver máis variedade de tendas ou pasar o tempo no centro comercial.

19 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.