Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Os participantes do programa boqueixanés adicado a estas persoas pecharon tempada cunha visita á Catedral // Foron sete os que continuaron na iniciativa coa crise TEXTO Alba Prada

Excursión que pecha un ano complicado para os maiores con dependencia

O programa Prevención da dependencia do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boqueixón leva en activo dende o ano 2010 e a día de hoxe segue a ter gran éxito e a superar atrancos como foi pasar unha pandemia que obrigou a facer subgrupos e a que gran parte deles non puidesen acudir ao programa este ano. Foron sete as persoas que acudiron neste 2020-21 e que participaron (excepto dous por indisposición) na actividade de peche da etapa: unha visita á Catedral de Santiago.

María Pereira, a educadora familiar encargada do programa, contaba a este xornal que estaban realmente ilusionados. “Moitos non se acordaban a vir a Santiago a pesar da proximidade”, relata, “polo que foi para eles toda unha excursión”. Unha experiencia na que estiveron acompañados tamén pola concelleira de Servizos Sociais, Ana María Seijo, e polo párroco de Lestedo, José Sánchez Piso, que fixo de guía e lles relatou aos participantes do programa o proceso da construción e a historia da Catedral.

Os asistentes desfrutaron asemade dunha merenda na Praza da Quintana, pasaron pola Porta Santa (coa debida explicación do párroco) e finalmente remataron a xornada asistindo á Misa do Peregrino. Unha das cousas que máis os fascinou, sinala María Pereira, foi “a renovación da Catedral e tamén a explicación de honor do noso párroco José”.

Con esta actividade final, dende o Departamento de Servizos Sociais boqueixanés quixo pecharse esta complicada etapa con bo sabor de boca. “Sempre facemos algo especial durante o parón de xullo e agosto, e desta vez a ilusión de todos era pasar a Porta Santa”, conta María. Así que optouse por esta despedida nun ano que foi moi difícil para todos. “As actividades realizadas foron variadas aínda que foron evidentes as secuelas do parón debido á pandemia e duplicouse o tempo adicado á estimulación cognitiva e actividades psicoemocionais. Empregouse a musicoterapia en varias ocasións, a reflexión a través de lecturas recomendadas para persoas maiores, dinámicas individuais e en grupo... moi limitadas pola crise”.

Están asemade a recabar información acerca das tradicións e costumes de Boqueixón co obxetivo de levar a cabo un proxecto denominado Boqueixón na memoria dos nosos maiores. “Un libro onde se relaten as tradicións e costumes do municipio e a vida dos nosos maiores dende o ano 1936. O obxectivo é deixar un legado á nosa rapazada da maneira de vivir dos seus avós e avoas”.

Unha das singularidades que fan tan exitoso esta iniciativa é que se lles dá a oportunidade aos participantes de ir a recollelos aos seus domicilios e logo levalos de volta. Cando arrancou o proxecto este servizo facíase en taxi e logo cunha furgoneta do Concello, que chegou a conducir a propia educadora. Dende o pasado marzo “por causas técnicas e estruturais cóntase cun servizo de taxi que traslada ás persoas participantes dende os seus domicilios ata o local sociocultural de Vigo onde se realiza a actividade os martes e xoves de 16.00 a 20.00 ”. O gasto deste traslado é asumido entre as persoas participantes e o Concello. Agora que remata o programa 2020-21, María quere aproveitar para mostrar o seu agradecemento ás familias, ás persoas maiores, a Ana María Seijo e José Sánchez. Para participar hai que dirixirse aos Servizos Sociais e ao 981 513106.

26 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.