Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Faría máis parques cubertos para o inverno”

Raquel Bernal, técnica de produción e mantemento

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, casada e con dous fillos, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro sería facer máis parques cubertos. Agora están cerrando un aquí abaixo, non sabemos en que condicións vai quedar, pero claro, hai moitos nenos e no inverno cando chove non teñen onde xogar. Antes ían ao Mercadona, pois había un parque infantil, pero coa COVID deixou de funcionar, e por iso noto que faltan parques públicos, pero cubertos. En segundo lugar, intentaría que houbese máis prazas nas actividades culturais para os nenos, porque como van por sorteo ás veces quedan fóra rapaces. De todos xeitos, hai propostas suficientes, aínda que agora están un pouco paradas pola pandemia, pero nunca tiven problema con isto.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

A tranquilidade, e tamén que hai moito aparcamento, e iso é algo que se agradece moito. Tamén a xente. Estou moi contenta coa veciñanza.

E o que peor leva?

Non sei dicir nada malo, a verdade é que estou moi ben aquí. O único que boto en falta son máis parques porque ao final os nenos queren saír todos os días a xogar. E máis os meus, porque son pequenos e aínda non teñen deberes para facer.

18 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.