Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Se eu fose ALCALDEsa ...

... “Faría un carril para as bicis e outro corredor”

Jéssica Martínez, profesora de guitarra

    Cargando reproductor ...

Residente no Milladoiro, con mozo, que tres cousas faría en favor dos veciños?

Pois a ver, eu sinceramente melloraría sobre todo o que é o tema do deporte. Faría unha piscina cuberta e un ximnasio ben adaptado, como o que teñen na vila de Bertamiráns. Ademais, tamén melloraría, mellor dito, faría un carril bici ou un carril corredor, como o que teñen noutras vilas como A Coruña, que a verdade é que dotan de moita seguridade aos peóns e aos ciclistas, xa que no Milladoiro, polo que levo vivindo aquí, hai moitísimo tráfico rodado ao longo de todo o día.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que máis me gusta de vivir aquí, no Milladoiro, é sobre todo a xente. Os veciños foron moi acolledores comigo e ata o de agora todo me foi moi ben; estou moi contenta na zona na que resido agora mesmo.

E o que peor lleva?

O que peor levo, ou mellor dito, do que menos gosto desta vila, é sen dúbida o tema da comunicación do transporte público con outras vilas circundantes, como pode ser o caso de Santiago. Antes, e polo que me dixeron, contaban con buses cada 15 minutos, pero agora ese servizo desapareceu, xa que as frecuencias son inexactas e na fin de semana tan só hai dous buses para desprazarse ao centro.

05 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.