Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Faría unha senda para camiñar ata Santiago”

Margarita Fandiño

    Cargando reproductor ...

Residente en O Milladoiro, casada, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro sería un maior mantemento das zonas verdes porque non recortan a herba nin os setos, e están un pouco descoidadas. O segundo, barallaría a posibilidade de facer unha senda para ir andando desde O Milladoiro ata Santiago porque non é doado chegar dende aquí camiñando. Terceiro, ao mellor arranxar algunha que outra baldosa porque hai pezas descolocadas. Con todo, as beirarrúas están limpas, algo que para min é fundamental. Normalmente hai moitos limpadores e limpadoras barrendo e demais.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor é que no fondo son urbanita pero tampouco levo unha vida social moi ampla. Teño o ximnasio e a piscina cerca e en xeral queda todo moi preto. É fácil ir dun lado a outro sen ter que coller o coche. Ao final é como estar nunha aldeíña pero tes os servizos que non hai nun núcleo poboacional máis pequeno.

E o que peor leva?

A min gústame vivir aquí. Por exemplo o meu marido di que é un sitio moi feo, que non hai mar, nin zonas bonitas para pasear. A min, en cambio, resúltame moi cómodo. Antes vivíamos en Santiago e coller a autopista era un horror; aquí saio fácilmente para ir ao traballo.

21 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.