Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Éxito da poxa de frisonas, coas dez vacas vendidas // Reivindicouse o cabalo de raza galega // Moito público na mostra artesá e a de maquinaria, e no certame de disfraces

Festa no Mesón do Vento con grelos, Entroido e fauna enxebre

Non podía faltar para despedir o Entroido a tradicional Festa do Lacón con Grelos nunha localidade ordense, a do Mesón do Vento, que ademais de exaltar o prato tradicional aproveitou para celebrar o seu desfile de disfraces, poxa de gando frisón, achegar unha mostra de animais galegos e exhibicións de agility canino, de artesanía e maquinaria, ou tamén dos mellores equinos da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Son xa vinte e tres anos dunha celebración que non deixa de ir a máis.

Deste xeito, quen se achegase por esta localidade de Ardemil puido mercar nas feiras de artesanía e maquinaria, moi concorridas, pero tamén pasmar cos porcos celtas, cachenas ou aves enxebres. Ademais, os gandeiros desfrutaron da III Subasta de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña e o Concello, cos dez exemplares vendidos a unha media de 2.500 euros (a vaca G. Dubra S.C. Scotch 696, da gandería Dubra S.C. de Trazo, alcanzou os 3.000 euros). Á súa vez, as domadoras Laura Manteiga e Irene Hernández deleitaron co seu bo facer e defensa do cabalo galego ante o público e espectadores de Sabadeando.

Tampouco faltaron nesta pequena localidade, duns 300 veciños, as probas de habilidade de cans, as carreiras e o certame morfolóxico de cabalos. E, por suposto, un ambiente do máis divertido ca presenza de veciños e visitantes disfrazados.

17 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.