Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Incendio sen feridos en Vila de Cruces, pero con dúas mascotas mortas

O incendio nunha vivenda de Añobre, en Vila de Cruces, saldouse sen feridos este sábado, aínda que dúas mascotas dos donos perderon a vida como consecuencia do lume.

Segundo a información facilitada ao 112 polos equipos de intervención que acudiron ao lugar, un termo que estaba ao lado da cociña puido orixinar o lume, que afectou un quentador e un colchón. Poucos minutos antes das 15.30 horas, un veciño do lugar de Vilariño chamou ao 112 para informar dunha intensa fumareda no interior dunha casa de dous andares. Alí dirixíronse dotacións dos Bombeiros do Deza, que, coa axuda dos voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces, traballaron na extinción das lapas. Ningunha persoa resultou ferida, xa que os propietarios estaban fóra no momento dos feitos, pero pereceron un gato e unha cobaia como consecuencia do incendio.

O operativo tamén contou coa colaboración dos axentes da Garda Civil. Ademais, desde o 112 pasouse aviso aos membros do GES de Lalín, por se a súa colaboración fose necesaria.

29 oct 2022 / 19:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.