Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Intervencións preventivas en Camariñas e Vimianzo para previr lumes

Acondicionamento de pistas, rozas e labores silvícolas centraron as actuacións da Xunta

Vimianzo. A Consellería do Medio Rural realizou obras preventivas nos montes do distrito forestal V Fisterra, concretamente nos concellos de Vimianzo e Camariñas, por un investimento duns 120.000 euros.

Así, no Concello de Vimianzo realizáronse actuacións de mellora de pistas forestais no monte Coto de Gándara para que os medios do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais teñan un mellor acceso ao monte. As obras consistiron en movementos de terra e baleirados, así como desmontes, execución de gabias e foxos, e reparación de camiños con maquinaria, cunha inversión de case 17.500 euros.

Nos montes de Montecelo e Piñeu realizáronse rozas manuais e mecanizadas de matogueira, clareos, podas e trituración de restos nunha superficie de 42 hectáreas, por valor de case 52.500 €.

En Camariñas, as actuacións centráronse nos montes da Ínsua, Curbeiro e Cusiñadoiro, todos eles en zonas de alto risco de incendios (ZAR). As obras consistiron na limpeza dos montes e na realización de labores silvícolas, tales como roza mecanizada, podas, recollida e apilado dos restos e a súa posterior eliminación nunha zona de sesenta hectáreas. O custo destas actuacións superaron os 48.000 euros.

Todas estas intervencións enmárcanse no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural, que no ano 2021 contou cun orzamento de case 30 millóns para actuar en máis de 58.000 hectáreas. J. M. r.

27 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.