Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Galicia concedeu nos últimos cinco anos máis de 72 millóns de euros en axudas para mellorar as empresas de transformación de peixes e mariscos // Frigoríficos Palangre de Ribeira acondicionou unha nave cunha achega de 1,3 M€ TEXTO Marta Torres

Inxección económica para modernizar as pemes do mar

A Xunta concedeu no período 2016-2021 máis de 72 millóns de euros en axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, co obxectivo de mellorar as instalacións das pemes de transformación de peixes e mariscos. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este mércores no concello de Ribeira a empresa Frigoríficos del Palangre, dedicada ao comercio ao por maior de produtos do mar que se beneficiou destas achegas. Durante o percorrido estivo acompañada polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.

Con estas achegas, lembrou a titular de Mar, o Goberno galego subvenciona ata o 50 % dos investimentos que realicen estas empresas e sinalou que na convocatoria deste ano puxo a disposición deste sector 19 millóns de euros.

Son obxecto destas axudas, engadiu, as actuacións que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no medio ambiente, que melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo e que axuden á transformación de capturas de peixe comercial que non se poida destinar ao consumo humano. Tamén poden optar a estas subvencións os proxectos relacionados coa transformación de produtos de acuicultura ecolóxica, así como as que dean lugar a novos e mellores produtos, procesos e sistemas de xestión e organización, entre outros.

Un exemplo claro do que se pode realizar con estes apoios, subliñou Rosa Quintana, represéntao a empresa Frigoríficos del Palangre, á que a Xunta de Galicia lle concedeu unha achega de máis de 1,3 millóns de euros no marco da convocatoria do ano pasado para o acondicionamento dunha nave destinada a mellorar a liña de conxelación de especies pesqueiras peláxicas.

Trátase dunha achega plurianual a distribuír nas anualidades 2021 e 2022 e que está dirixida a acondicionar unha nave anexa á existente para desenvolver un novo sistema de xestión, organización e produción máis rendible e eficiente e que favoreza a calidade do produto final e reduza o consumo enerxético.

Estas melloras, segundo indicaron dende o Goberno autonómico, incluirán tamén unha única liña automatizada de conxelado rápido individual para 10.000 quilos/hora con postos de pesada e etiquetaxe, o que mellorará o control da trazabilidade. A maiores habilitaranse novos estantes para as cámaras de conxelado co fin de optimizar ao máximo o espazo interior e promover unha maior eficiencia enerxética.

A representante da Xunta lembrou que, ademais destas achegas, as empresas de transformación de produtos do mar recibiron preto de 6,2 millóns de euros para compensar a caída de ingresos entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia da alerta sanitaria pola covid. Esta cifra correspóndese coa aprobación de 24 axudas e este tipo de apoios extraordinarios forman parte do plan Avantemar deseñado pola Xunta de Galicia para impulsar o sector marítimo-pesqueiro trala pandemia.

A titular de Mar aproveitou a súa viaxe a Ribeira para visitar a empresa A Poutada, situada a carón de Frigoríficos del Palangre sobre un local de 1.000 metros cadrados de superficie e dedicada ao subministro de efectos navais como anzois para as frotas pesqueiras de distintos países.

a protagonista
“Que siga sendo esa rexión pesqueira líder”
Rosa Quintana
Conselleira do Mar

A conselleira do Mar subliñou en Ribeira que dende o ano 2016 a Xunta de Galicia concedeu “máis de 72 millóns de euros a axudas da industria de transformación sen ter en conta os máis de 6 millóns que se deron o ano pasado para axudarlles a compensar as perdas que se produciron como consecuencia do covid”.

Neste exercicio “temos a disposición 19 millóns de euros; eu espero que o sector siga apostando por acudir a estas axudas, por modernizarnos e por continuar sendo esa rexión pesqueira líder en toda a UE”, afirmou.

As achegas adiáronse ata 2021 para agardar a coñecer con exactitude o impacto da crise nas contas do exercicio 2020 e pretenden contribuír a que as empresas do sector poidan facer investimentos, recuperen actividade e volvan aos niveis previos á alerta sanitaria.

{ blanco o negro }
Crecer y competir
Marta Torres

Este sector es el encargado de exportar los productos obtenidos del mar, por ejemplo, en conservas. Empresas como Frigoríficos del Palangre, de Ribeira, acercan nuestros pescados y mariscos al consumidor en sus múltiples versiones, promocionando la frescura, el sabor, y como no, el origen de estos manjares. Después de todas las dificultades económicas derivadas de la pandemia del covid, este tipo de subvenciones cobran más importancia que nunca. Son apoyos que ayudan a capear el temporal y a recuperar niveles de producción y actividad previos a 2020. Son fundamentales para que pequeñas y medianas empresas gallegas del sector transformador de productos del mar puedan crecer y también mantener su competitividad.

09 feb 2022 / 19:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.