Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Artistas e estudantes de Belas Artes participan no festival público con obras e proxectos colectivos que encherán de cor e creación a vila // Os traballos, que poden presentarse ata o 10 de xullo, enriquecerán os espazos e rúas TEXTO Sol Elvira

Kaldarte convertirá Caldas nun escaparate rompedor e diferente

Cadas de Reis converterase o vindeiro mes de agosto nun escaparate rompedor e diferente gracias a celebración da 24 edición do Festival de Arte Público Kaldarte. Un certame que se celebra no marco do Festival Cultura Quente e no que participan artistas e estudantes de Belas Artes de Pontevedra que encherán de creación, cultura urbana e cor, e enriquecerán as rúas e espazos públicos da chamada Vila Termal coas seus obras individuais e os proxectos colectivos.

A concelleira de Cultura, María López anunciou que o Concello pontevedrés acaba de abrir a convocatoria para a presentación de proxectos e tamén déronse a coñecer as bases reguladoras do certame, que teñen como finalidade seleccionar os dous proxectos de intervención artística de carácter temporal ou efémero dos que un estará reservado aos estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Segundo avanzou a concelleira, as intervencións desenvolveranse entre os días 2 e o 6 de agosto e, coma sempre, poderase intervir en calquera espazo público da Vila Termal, así como en calquera outro tipo de espazo dispoñible a elección dos creadores.

Os artistas poderán presentarse de maneira individual ou a través de proxectos colectivos enviando as súas propostas ata o 10 de xullo. Cada solicitude deberá incluír, ademais do currículo e datos persoais do autor ou autores, varios bosquexos da intervención artística, o sistema de montaxe a empregar, as técnicas de produción e un orzamento estimativo detallando os ma-
teriais que se van utilizar na realización do traballo. Ademáis, segundo consta nas bases do certame, a dotación aproximada en concepto de produción para cada proxecto seleccionado será de cincocentos euros. Todas as obras deberán ter carácter efémero ou desaparecerán segundo acordo previo establecido co autor.

Así mesmo, o produtor cederalle ao Concello de Caldas os dereitos de explotación da obra, de distribución, e comunicación pública.Cada proxecto será dotado con 600 euros en concepto de honorarios e para a súa selección avaliarase a calidade e a viabilidade das propostas, así como a absoluta reversibilidade das actuacións, indican.

HISTORIA. A obras de Kaldarte –como sucede cada verán dende hai 24 anos no marco do Festival Cultura Quente- enriquecen as rúas e espazos públicos de Caldas mostrando a Vila Termal dende unha perspectiva rompedora e diferente dialogando coa complexa realidade actual.

O comisario de Kaldarte, o profesor Juanjo Fuentes, lembrou que na súa longa traxectoria o certame “converteuse nun auténtico laboratorio de arte no espazo público, con case 340 artistas participantes e máis de 300 obras”. Ao mesmo tempo destacou “o interese de interactuar coa poboación local configurando un centro artístico aberto que permite ver o mundo cunhas miradas moi diferentes”.

Pola súa banda, o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, mostrouse “moi orgulloso de que a vila sexa un referente de arte público en España e de apoiar desde o Concello a tanta xente creativa e cunha visión tan alternativa”.

O rexederor tamén lembrou que Kaldarte se creou en 1998 polo Concello dentro do Festival Cultura Quente e “que se mantivo desde entón en estreita colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra como un referente de arte público grazas ao que a nosa vila se converte nun espazo artístico que cada ano nos sorprende con novas lecturas e visións”.

27 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.