Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lanzan un plan formativo contra o acoso escolar en Santa Uxía

Os Servizos Sociais e o IMER impulsan a iniciativa // Inclúe obradoiros didácticos para os docentes e todo o alumnado

O Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER) e a concellería de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade do Concello a través do Centro de Información á Muller (CIM), interesados na mellora da convivencia escolar no municipio, poñen en marcha un plan formativo coa finalidade de previr os posibles casos de acoso escolar derivados de calquera tipo de discriminación e sinaladamente por razóns de orientación sexual.

A iniciativa foi presentada este venres por parte de Ana Barreiro, Olegario Sampedro e Dolores Crujeiras no nome da concellería, o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira e o Centro de Información á Muller. Nunha primeira fase, e en concordancia co Protocolo educativo para garantir a igualdade e a liberdade de xénero que aprobou a Xunta no 2016, vanse organizar dous tipos de actividades pedagóxicas dirixidas por unha parte ao profesorado e por outra ao alumnado de todos os centros de Secundaria, Bacharelato e FP do concello.

Así, o próximo mércores ás 17.00 horas no CIFP Coroso impartirase un obradoiro didáctico de tres horas de duración destinado ao profesorado que leva por título Dereito a saber: obradoiro sobre diversidade. Contará con 30 prazas (resérvanse 3 por centro) e a día de hoxe xa hai un gran número de inscritos. Non obstante, aqueles docentes que se queiran apuntar poden facelo enviando unha mensaxe ó correo electrónico imer.barbanza@gmail.com indicando o nome, apelidos e centro de traballo.

Ademais, ao longo do mes de novembro levaranse a cabo un total de sete obradoiros didácticos de hora e media de duración (un por cada centro implicado), neste caso dirixidos ao alumnado. As datas dos mesmos están pendentes de concretar. Os relatores destas accións estarán conformados por expertos pertencentes á Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual da Coruña (ALAS).

22 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.